
A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, coa colaboración de ABANCA e na que tamén colabora o Concello de Sada entregando os distintivos dos comercios a través da Concellería de Promoción Económica.
REXÍSTRATE COMO COMERCIO E RECOLLE OS DISTINTIVOS E CARTEIS NA TERCEIRA PLANTA DO EDIFICIO DO CONCELLO DE SADA
A campaña terá lugar entre o 10 e o 30 de abril de 2026 e nela poden participar todos os clientes, do comercio de proximidade de Galicia, que merquen nestas datas. Entre eles, o 6 de maio de 2026 sortearanse 20.000 euros en premios, distribuidos da seguinte maneira:
- 44 tarxetas prepago de 250€: 11 tarxetas prepago regalo por cada provincia galega.
- 60 tarxetas prepago de 150€: 15 tarxetas prepago regalo por cada provincia galega.
Estas tarxetas regalo deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de xuño de 2026 engadido.
Ademáis, realizarase de forma presencial un sorteo adicional dunha tarxeta prepago de 2.500€ que o gañador deberá empregar nunha única xornada de compras e nunha soa localidade de Galicia. Neste sorteo poderán participar tódolos consumidores que cumpran as seguintes condicións:
- Asistir presencialmente ao acto de entrega de premios da campaña o 28 de maio de 2026 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
- Aportar un ticket de compra física nun comercio de proximidade de Galicia do 10 de abril de 2026 e ata o momento de inicio do acto de peche de campaña o día 28 de maio de 2026.
Para participar na campaña, proporcionamos 2 maneiras diferentes:
- Rexistrar como consumidor a compra nesta mesma páxina web.
- Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a compra a través desta mesma páxina web. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo.
* En ámbolos dous casos, o consumidor debe fotografiar e/ou gardar o ticket de compra como xustificante da mesma.
Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse nesta mesma páxina web unha vez finalizada a campaña.
Podes consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuito 900 103 087 ou a través do correo electrónico diasazuis@comerciogalicia.es.
Datas destacadas da campaña:
- Data de inicio: venres, 10 de abril de 2026
- Data de fin: xoves, 30 de abril de 2026
- Data do sorteo: mércores, 6 de maio de 2026