Actualidade

SAÍDAS MEDIOAMBIENTAIS GUIADAS 2026

07 / ABR / 2026

O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

COMPARTIR EN:

XIX Mostra de Teatro Afeccionado Sada 2026

16 / MAR / 2026

A Concellería de Cultura convoca a XIX edición da Mostra de teatro Afeccionado pola que se promove a actividade teatral de carácter afeccionado e dar a coñecer entre a poboación sadense unha selección das montaxes escénicas contemporáneas, no eido do teatro amador. Na Mostra entregaranse os «Premios Lugrís Freire», en homenaxe e lembranza do escritor e dramaturgo sadense, un dos máximos expoñentes do teatro social galego, director da Escola Rexional de Declamación e homenaxeado coas Letras Galegas 2006. Un xurado e o público que asista aos espectáculos determinarán, a través das súas valoracións, cales serán as compañías premiadas nesta edición.

COMPARTIR EN:

DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO 2026

07 / ABR / 2026

A campaña "Días Azuis do Comercio Galego" é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, coa colaboración de ABANCA e na que tamén colabora o Concello de Sada entregando os distintivos dos comercios a través da Concellería de Promoción Económica.

COMPARTIR EN:

Convocatoria de bolsa de emprego para postos de o...perario

06 / ABR / 2026

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal de prazas vacantes de persoal laboral coa categoría de operario de calquera servizo

COMPARTIR EN:

2ª Convocatoria PS Auxiliar Administración Xeral (...quenda reservada persoas discapacitadas)

24 / MAR / 2026

Convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza vacante de auxiliar administrativo persoal funcionario de carreira (OEP 2024) quenda reservada a persoas con discapacidade. A alcaldía polo Decreto núm. 208/2026, do 12 de febreiro, aprobou, convocar novamente, tras quedar deserto nunha primeira convocatoria, o proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar (Grupo C, subgrupo C2 de clasificación) denominada: auxiliar administrativo, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 (BOP núm. 77, do 19-4-2024), mediante o sistema selectivo de oposición en quenda reservada a persoas con discapacidade. E aplicarlle á dita convocatoria:- as bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 1719/2025, do 23 de setembro (BOP núm.185, do 29-9-2025)- as bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da oferta de emprego público para o Concello de Sada do ano 2024, aprobadas polo Decreto desta Alcaldía núm. 938/2024, do 16 de maio, (BOP núm. 104, do 30-5-2024).

COMPARTIR EN:

Filtrar

Sada organiza actividades de dinamización nas parroquias

Sada organiza actividades de dinamización nas parroquias

O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, programa actividades de dinamización para público infantil e familiar nas parroquias do municipio no mes de agosto


03 / AGO / 2021

COMPARTIR EN:
Feira Modernista Sada 2021

Feira Modernista Sada 2021

O Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura, programa para a fin de semana do 31 de xullo e 1 de agosto a X FEIRA MODERNISTA DE SADA, marcada pola pandemia do COVID19 e organizada para cumprir con todas as medidas de seguridade vixentes.


25 / XUL / 2021

COMPARTIR EN:
Semana da Cultura Urbana

Semana da Cultura Urbana

Dentro das actividades do SADA MÓVESE a concellería de Mocidade programa a Semana da Cultura urbana con propostas como graffiti, parkour, breakdance, rap, skate park


14 / XUL / 2021

COMPARTIR EN:
Obradoiros REutiliza

Obradoiros REutiliza

As concellerías de Medio Ambiente e de Mocidade organizan dentro da programación de verán  SADA MÓVESE 2021 os obradoiros medioambientais “Reutiliza”.


10 / XUL / 2021

COMPARTIR EN:
Obradoiro Maceto Hortos en Sada

Obradoiro Maceto Hortos en Sada

Seguindo co noso proxecto de horto urbano na Tenencia, propoñémosvos para o mes de xullo un obradoiro gratuito de Maceto Hortos ecolóxicos que está dirixido a nenos/as maiores de 8 anos, mocidade e adultos en xeral.


19 / XUN / 2021

COMPARTIR EN: