Sada organiza actividades de dinamización nas parroquias

03 / AGO / 2021

Sada organiza actividades de dinamización nas parroquias

O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, programa actividades de dinamización para público infantil e familiar nas parroquias do municipio no mes de agosto

Desde o Concelllo búscase revitalizar as parroquias levando actividades familiares consistentes en animación ao aire libre evitando aglomeracións e desde a concellería Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, sinalan que contan "coa colaboración das asociacións nas parroquias que sempre amosan gran disposición" .

Actividades participativas serán de tipo variado onde os nenos e nenas son os protagonistas , atopar un gran tesouro convertíndose en piratas , poñer en marcha un feitizo , desfrutar dunha fonte  de chocolate , xogar ao twister xigante  ou realizar circuitos deportivos serán as  actividades das que poderán disfrutar as familias.

  • 9 de agosto - 19:00 horas - Brincadeira Pirata en Veigue
  • 11 de agosto - 19:00 horas - Área de animación en Soñeiro 
  • 12 de agosto - 19:00 horas - Xogos xigantes en Mondego
  • 24 de agosto - 19:00 horas - Contacontos Pura Alegría en Carnoedo
  • 25 agosto - 19:00 horas - Os contos da bruxa Chispum "Branca e Bruxa"
  • 26 deagosto - 19:00 horas - Contacontos Chocolate en Meirás

Experiencias divertidas en forma de contacontos  fomentando a imaxinación e a creatividade  e animación con música con circuitos e xogos . xogar e divertirse de forma segura ao aire libre .

As actividades se realizarán nas pistas polideportivas de cada parroquia.

Arquivado en