Obradoiro Maceto Hortos en Sada

19 / XUN / 2021

Obradoiro Maceto Hortos en Sada

Seguindo co noso proxecto de horto urbano na Tenencia, propoñémosvos para o mes de xullo un obradoiro gratuito de Maceto Hortos ecolóxicos que está dirixido a nenos/as maiores de 8 anos, mocidade e adultos en xeral.

O obradoiro será en horario de mañá, de 11.00 a 13.00h, tendo para elexir 4 datas: 7, 14, 21 ou 28 de xullo.

É imprescindible inscrición previa e pódeste apuntar por parellas ou de forma individual, dentro destes prazos:

Para as quendas do 7 o 14 de xullo: Formulario habilitado do 21 de xuño ao 4 de xullo

Para as quendas do 21 o 28 de xullo: Formulario habilitado do 5 ao18 de xullo

Aproveitando a parcela na que iniciamos o proxecto de horto ecolóxico durante o segundo trimestre do ano, veredes a evolución de todo o plantado e como facer un mantemento básico dunha forma sinxela e para todas as idades.

Engadiremos certos elementos para enriquecer a nosa pequena horta, como unha xardineira de aromáticas, tamén faremos prácticas de como sementar en maceta, transplantar e os coidadosmáis básicos para que poidades levar á vosa casa unha pequena mostra do voso traballo neste obradoiro.

Arquivado en