Obradoiros REutiliza

10 / XUL / 2021

Obradoiros REutiliza

As concellerías de Medio Ambiente e de Mocidade organizan dentro da programación de verán  SADA MÓVESE 2021 os obradoiros medioambientais “Reutiliza”.

Formulario inscrición

 

Mini invernadoiros (31 de xullo de 11:00 a 13:00)

Proposta de reciclaxe dos plásticos das botellas de auga para darlle un uso e crear o teu propio horto urbano.

Molinillos Espantapaxaros /7 agosto de 11:00 a 13:00)

Reutilización de materiais para confeccionar uns aparellos que afasten os paxaros da nosa horta

Inscrición

Os obradoiros son gratuitos, de dúas horas de duración, e terán lugar no horto urbano da Tenencia.

A inscrición poderá realizarse do 12 ao 25 de xullo cubrindo o formulario que achegamos.

Ao tratarse dunha actividade en familia as inscricións terán que realizarse  en parella (nen@ entre 6 e 12 anos + adulto)

A adxudicación de prazas será por orde de inscrición tendo prioridade as persoas empadroadas en Sada.

A confirmación de prazas realizarase o 26 de xullo a través dun correo electrónico

Arquivado en