O obxecto destas bases é o de regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de asistencia regular (non ocasional), de luns a venres ou en determinados días da semana, durante o período lectivo do curso escolar 2026/2027, dirixidas a alumnado escolarizado no Concello de Sada.
O programa de actividade sociais para persoas maiores de 55 anos, promovido pola Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego, ten como finalidade: contribuir a un envellecemento saudable, fomentar a autonomía persoal, promover a participación e integración social das persoas, e previr situacións de risco e/ou de exclusión social. A través de diferentes actividades socias: de mantemento físico e da saude, estimulación cognitiva e potenciación da creatividade. Coa fin de mellorar a calidade de vida das persoas destinatarias fomentando o seu benestar físico, social e mental.
Dentro das actividades do 8M a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego promove a realización do Taller de auto-coidado e benestar emocional para mulleres empadroadas en Sada.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego programa as actividades sociais dirixidas a persoas maiores de 55 anos para contirubuír co envellecemento saudable, fomentar a autonomía persoal, promover a participación e integración social das persoas. Prazo de inscripción: Do 25 de agosto ao 5 de setembro (ambos inclusive)
No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) número 136, do 18 de xullo de 2025, foi publicado o anuncio da resolución pola que se convoca novamente a provisión en propiedade da praza vacante no Concello de Sada
A Concellería de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta concellería da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano convócase a oferta do Campamento de Conciliación 2025. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
A concellería de Benestar programa distintos eventos para a celebración do 8M, Día Internacional da Muller
As presentes bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, de unha (1) praza de funcionario denominada: traballador social, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase servizos técnicos, grupo A, subgrupo A2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 de quenda reservada a persoas con discapacidade. en todo aquelo que non estea previsto nas Bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento de quenda libre e quenda reservada a persoas con discapacidade da Oferta de Emprego Público para o Concello de Sada do ano 2024.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego programa as actividades sociais de maiores para contirubuír co envellecemento saudable, fomentar a autonomía persoal, promover a participación e integración social das persoas
A Concellería de Benestar social e Igualdade e Emprego do Concello de Sada presenta a programación das distintas actividades que se van a levar a cabo para a conmemoración do "8M Día Internacional da Muller".
O orzamento contempla subidas notables en servizos públicos básicos (+37%) ou protección social (20%). “Sada precisa destes orzamentos. Dende o goberno local facemos un chamamento á responsabilidade da corporación para que respalde unhas contas equilibradas, sociais e que apostan pola mellora dos espazos públicos” remarcou o alcalde, Benito Portela.