Taller de auto-coidado e benestar emocional para mulleres de Sada.

28 / FEB / 2026

Taller de auto-coidado e benestar emocional para mulleres de Sada.

Dentro das actividades do 8M a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego promove a realización do Taller de auto-coidado e benestar emocional para mulleres empadroadas en Sada.

Mediante este taller preténdese potenciar o autocoidado, a autoestima e desenvolver ferramentas para a xestion das emocións

O taller desenvolverase todos os mércores de marzo ata xuño de 2026 en horario de 10:00 a 12:00

  • Data de inicio: 11 de marzo de 2026
  • Data de fin: 17 de xuño de 2026

O taller é gratuito e as prazas limitadas ao aforo da aula. Podes apuntarte indicando nome, apelidos e teléfono no correo servizos.sociais@sada.gal ou por Whatsap no teléfono 687.325.607

Arquivado en