“Merca en Sada, Merca Local", é a campaña para potenciar o comercio local, promovida pola Concellería de Cultura, Comercio e Turismo, pola que as persoas que merquen nos comercios do municipio poderán gañar cestas, valoradas en 200€, e un premio de 500€. Os sorteos das cestas poderán seguirse nas redes sociais do Concello de Sada os días 16, 23 e 30 de decembro e o sorteo dos 500€ o 4 de xaneiro.
O acendido do Nadal terá lugar o luns 12 de decembro a partir das 18:00 na praza de San Roque e Linares Rivas. A campaña “Merca en Sada, Merca Local” sorteará os días 16, 23 e 30 de decembro tres cestas valoradas en 200€ e o 4 de xaneiro un premio de 500€.
O venres 16 de decembro a partir das 19:00 horas celebrarase a VII edición da CARREIRA NOCTURNA DE SADA “Ninguén sen Nadal”. O Concello de Sada e o Club Atletismo Sada organizan unha carreira pedestre polas rúas de Sada, onde o importe íntegro das inscricións dos participantes doarase en favor dunha campaña social para axudar aos máis desfavorecidos no Nadal.
O Alcalde de Sada, Benito Portela, ven de remitir sendas misivas á Dirección General de la Costa y el Mar e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural nas que demanda unha xuntanza entre as distintas administracións para definir a execución dun Plan Director de rehabilitación do edificio de A Terraza de Sada.
O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá ven conseguir que o transporte metropolitano inclúa unha liña entre Soñeiro e o centro urbano con catro rutas diarias. O Concello lembra tamén que grazas as alegacións ao transporte metropolitano presentadas polo goberno municipal temos dende hai uns meses enlace entre a parada diante do Concello e o Centro de Saúde.
A Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acolle a mostra "O Camiño ilustrado", unha viaxe pintada por Alicia Aradilla da man do Concello de Sada e Afundación
A concelleira de Promoción económica, Turismo e Emprego acompañou aos visitantes do VI Congreso Nacional de Ecoturismo polos barrios mariñeiros tradicionais e os edificios significativos do modernismo
A de Promoción Económica, Turismo e Emprego propón a realización dun evento inclusivo denominado I Xincana Samaín Inclusivo.
O Concello de Sada programa a través das concellerías de Mocidade e de Promoción Económica as distintas actividades so SAMAÍN 2022 que terán lugar en Sada do 28 de outubro ao 1 de novembro.
A concellería de Comunicación celebra a celeridade coa que finalmente se tramitaron os informes para a conexión da rede de paneis dixitais e deste xeito agradece a implicación de todas as entidades
O alcalde de Sada, pide agora ás outras Administracións, en especial á Xunta de Galiza, a facer o mesmo. A Xunta de Galicia debe “mover ficha e incoar canto antes o expediente de modificación de Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás para a inclusión dos bens mobles”
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego en colaboración cos hostaleiros e hostaleiras participantes, programa o Roteiro Gastronómico Outono de Tapas 2022.