APERTURA DO COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL

24 / ABR / 2023

APERTURA DO COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL

Desde o 24 de abril ás 12:00 horas está aberta a piscina e a sala fitness do complexo deportivo municipal en xornadas de portas abertas.

Todas as veciñas e veciños poderán utilizar as instalacións gratuitamente ata o 30 de abril. A zona do jacuzzi e sauna estará pechada por mor dunha reforma que está en proceso.

O horario de apertura será continuo de 7:30 a 22:00 horas de luns a venres. Os sábados o horario será de 9:30 a 17:00 horas. Domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas.

Durante estes días ofrecerase información sobre os abonos existentes que comenzarán a ser de pago a partir do día 1 de maio.

Desde o Concello de Sada agradecemos especialmente aos traballadores da instalación, a súa predisposición e traballo nas labores previas para a apertura

Arquivado en