Cruz Vermella habilita unha stand solidario en Sada Comercio

01 / MAR / 2023

Cruz Vermella habilita unha stand solidario en Sada Comercio

Recollerán alimentos non perecedeiros o sábado 4 de marzo en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

Cruz Vermella Sada instalará un stand solidario na Feira Sada Comercio que terá lugar en Sada os días 4 e 5 de marzo organizada pola concellería de Cultura, Comercio e Turismo.

As persoas que queiran colaborar poderán deixar no stand situado na carpa detrás do edificio da Terraza, o sábado 4 de marzo en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, calquera tipo de alimento non perecedeiro.

Arquivado en