AMPLIACIÓN DO HORARIO PECHE DA HOSTALERÍA PARA O FESTIVAL 8CHÉNTAME

04 / MAI / 2023

AMPLIACIÓN DO HORARIO PECHE DA HOSTALERÍA PARA O FESTIVAL 8CHÉNTAME

Proposta do Concelleiro de Cultura, Comercio e Turismo, de data 02.05.2023, na que solicita a aprobación dunha ampliación temporal dos horarios xerais de peche para os establecementos de hostalaría e lecer do termo municipal, con motivo da celebración do Festival 8chéntame Sada, para potenciar o posible efecto positivo que a congregación de público pode ter sobre a actividade económica no ámbito local.

Artigo 5.f da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, onde se regula a competencia municipal e os criterios para a ampliación ou redución de horarios xerais dos establecementos públicos.

Artigo 9 da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

Informe do arquitecto técnico municipal no que se indica a potestade municipal para ampliar o horario de peche dos establecementos abertos ao público e dos espectáculos públicos e actividades recreativas por un máximo de 2 horas con respecto ao seu horario xeral, mencionando a obriga dos establecementos de respectar o volume de emisións acústicas autorizado.

Por todo canto antecede e en virtude do establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a alcaldía de Concello de Sada autoriza a ampliación temporal do horario de peche de todos os establecementos de hostalaría e lecer do Concello de Sada para a data de celebración do Festival 8chéntame Sada, entre o 06.05.2023 e o 07.05.2023, por un período máximo de 2 horas sobre o horario xeral de cada establecemento, sen prexuízo da obriga dos ditos establecementos de respectar as restantes condicións das súas licenzas.

Arquivado en