
A concellería de Promoción Económica organiza coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sada a campaña TI FAS GRANDE O PEQUENO COMERCIO que se desenvolverá no noso municipio do 15 ao 30 de novembro.
Bases da campaña TI FAS GRANDE O PEQUENO COMERCIO
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Ámbito de participación:
Poderá participar calquera establecemento comercial do Concello de Sada.
Data de celebración:
Esta campaña desenvolverase no período comprendido entre o 15/11 e o 30/11 (a.i.) do presente ano.
Obxecto de participación:
A campaña consiste en a aportación de material promocional (agasallos para a clientela, cartaces e flyers promocionais....), visualización e publicidade da campaña en medios dixitais e en soporte físico, así como un importe económico (en forma de 3 vales agasallo por importe de 100 € c/u) entre os comercios participantes, para ser repartido entre os seus clientes no momento de que fagan compra no seu establecemento.
Inscrición dos establecementos participantes:
Os establecementos interesados en participar poderán inscribirse cumprimentando un formulario e achegando a mesma en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Prazo de inscripción:
O prazo para inscribirse será do 01 ao 10 de novembro do presente ano (ata as 13:00 h. do dia 10).
Aceptación das solicitudes:
A organización resolverá as solicitudes e contactará cos participantes para a retirada do material promocional.
Deberes dos comercios participantes:
- a).-Anunciar, en lugar visible, a participación no programa mediante a colocación do material publicitario facilitado.
- b).- Facilitar aos consumidores os boletos dos "rascas" unha vez feita unha compra en dito establecemento. A compra mínima a xustificar será por importe de 20 euros.
- c.)- Informar aos clientes agraciados cos vales premiados que o troco dos agasallos deberan realizalo na OMIT, e usar os vales antes do 15/12/2025.