Subvencións municipais a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais para o ano 2022

02 / NOV / 2022

Subvencións municipais a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais para o ano 2022

A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada na data do 20 de outubro de 2022 adoptou, entre outros, o acordo de aprobar a convocatoria de subvencións municipais a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais no Concello de Sada para o ano 2022, a

Esta convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Sada para a “Organización de festas patronais parroquiais”, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.

A convocatoria vai dirixida a fomentar a labor de entidades culturais e veciñais para contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, en relación ao impulso da participación activa da cidadanía para celebrar e conservar as festas parroquiais de maior tradición e arraigo, xurdidas da iniciativa popular e que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, comezando a contar no primeiro día hábil seguinte á data na que o Boletín Oficial da Provincia publique o extracto desta convocatoria.

  • Apertura prazo de solicitude: 03.11.2022
  • Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes
  • Peche do prazo de solicitude: 02.12.2022 ás 23:59h

Arquivado en