Realizamos actividades para a mocidade e adultos cultivando a responsabilidade e respeto, e proporcionando coñecemento nos campos do seu interese.
Teñen o obxectivo de recuperar espazos verdes en zonas urbanas e poñendo en valor o medio rural.
A Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías ven de presentar as actividades que se programan para o verán 2021.
Todas as actividades serán gratuitas e nos vindeiros días se abrirán as inscricións para as actividades con cupo.
Entrenamiento funcional, Zumba, Obradoiro de Horto Urbano, Calistenia, Graffiti, Parkout, Rap, Breakdance e Skate Park, e xunto coa concellería de Medio Ambiente: Limpeza de Praias e Obradoiro REutiliza, son as actividades as que se poderán apuntar os veciños e veciñas este verán.