MATRÍCULA ESCUELA MUNICIPAL MÚSICA CURSO 2025-2026

20 / MAI / 2025

MATRÍCULA ESCUELA MUNICIPAL MÚSICA CURSO 2025-2026

 

BASES QUE REXEN O PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACION NA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE SADA. CURSO 2025-2026

IMPRESO DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO EMM 25-26 (A PARTIR 2 XUÑO)

IMPRESO ALUMNADO RENOVACION  MATRICULA EMM 25-26 (A PARTIR 2 XUÑO)

ORDENANZA FISCAL TAXAS ESCOLA DE MUSICA

 

Requisitos e condicións das persoas solicitantes.

  • 1. Terán preferencia os empadroados/as no concello de Sada.
  • 2. Ter 5 anos cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2026.
  • 3. Só se poderá cursar unha especialidade instrumental preferente. Excepto na especialidade de CANTO que poderá compaxinarse con calquer outra especialidade instrumental.
  • 4. Non ter recibos pendentes de pago de cursos anteriores. En caso de dúbida, habilítase o seguinte correo electrónico para as familias para a consulta: recadacion@sada.gal

 

Presentación de solicitudes para o alumnado de RENOVACION de matrícula

  • - Do 2 ao 12 de xuño
    - A presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamente no rexistro municipal de forma presencial ou a través da sede electrónica
    - O impreso de renovación de matrícula estará a disposición das familias na web municipal a partires do 2 de xuño
    - O alumnado de renovación que non formalice a matrícula dentro do prazo establecido, causará baixa automáticamente para o curso 2025-2026.
    - O alumnado que pertenza á Banda Municipal ou ao Coro Municipal de adultos deberá cubrir necesariamente o impreso de matrícula, indicando na casilla correspondente a que formación pertence.

 

Presentación de solicitudes para o alumnado de NOVO INGRESO:

  • - Do 2 ao 12 de xuño.
    - A presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamente no rexistro municipal de forma presencial ou a través da sede electrónica
    - O impreso de solicitude do alumnado de novo ingreso estará a disposición das familias na web municipal a partires do 2 de xuño.
    - Os impresos de renovación da matrícula como os de novo ingreso poderán descargarse na páxina web do concello, solicitalos na Casa da Cultura ou no Rexistro Municipal (de luns a venres en horario de 9 a 14 h).

 

Proceso de admisión

  • - Adxudicación directa para o alumnado de renovación de matricula que realice o pagamento no periodo establecido entre o 2 e o 12 de xuño. O alumnado deberá realizar o pago mediante CARTA DE PAGAMENTO que se poderá tramitar na oficina virtual tributaria do concello: ou ben se facilitará nas dependencias de recadación municipal.
    - O alumnado de novo ingreso deberá agardar á publicación da listaxe de admitidos e de agarda que será publicada na web municipal o xoves 19 de xuño. De obter praza, o pagamento será do 19 ao 26 de xuño de igual forma que o alumnado de renovación.
    - Os/as solicitantes que non obteñan praza, permaneceran en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan producir durante os tres primeiros meses do curso lectivo.
    - Por razóns didácticas, non se admitirá novo alumnado dende o 1 de Xaneiro do 2026
    - Os/as solicitantes que non obteñan praza nas suas especialidades instrumentais preferentes, poderán adxudicarselles prazas vacantes doutros instrumentos (mediante sorteo) ou poderán permanecer en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan producir durante os tres primeiros meses do curso lectivo.

 

Cotas de pagamento:

As taxas por prestación dos servizos de ensino na escola municipal de música son os seguintes:

1.- Tarifa xeral.

  • Matrícula anual, 30 euros.

Cotas mensuais:

  • Música e Movemento/iniciación, 12 euros.
    Linguaxe Musical, 15 euros.
    Guitarra, Violín ou Piano, mais linguaxe musical, 30 euros.
    Resto de especialidades instrumentais, mais linguaxe musical, 20 euros.

 

2.- Membros de familia numerosa de categoría xeral.

  • Matrícula anual, 20 euros.

Cotas mensuais:

  • Música e Movemento/iniciación, 10 euros.
    Linguaxe Musical, 12 euros.
    Guitarra, Violín ou Piano, mais linguaxe musical, 25 euros.
    Resto de especialidades instrumentais, mais linguaxe musical, 15 euros

 

3.- Membros de familia numerosa de categoría especial.

  • Matrícula anual, 15 euros.

Cotas mensuais:

  • Música e Movemento/iniciación, 8 euros.
    Linguaxe Musical, 10 euros.
    Guitarra, Violín ou Piano, mais linguaxe musical, 20 euros.
    Resto de especialidades instrumentais, mais linguaxe musical, 12 euros

 

4.- Membros da Banda e Coro Municipal Adultos

  • Estará exento de pagamento (matrícula e mensualidades) o alumnado pertencente ás formacións da Banda Municipal e Coro Adultos que leven alomenos dous cursos matriculados na EMM e cumpran cos requisitos indicados polo Director/a: Asistencia aos ensaios e concertos.
  • No caso de non cumprir cos requisitos esixidos durante o curso, o alumnado exento de pago terá que aboar as mensualidades correspondentes.
  • Habilítase o seguinte correo electrónico para as familias para aclaración de dúbidas en canto ao novo pagamento na Oficina Virtual Tri-butaria do concello de Sada.: recadacion@sada.gal

 

Tramitación da baixa na escola de música

  • - O alumnado con praza que decida causar baixa no curso 2025-2026 deberá OBRIGATORIAMENTE tramitar a baixa no rexistro municipal tal e como fixo cando solicitou praza ao inicio do curso. No se considerará unha baixa formal a notificación verbal ao pro-fesorado que en ningún caso terá a responsabilidade de tramitar a renuncia do alumnado.
    - A solicitude da baixa entre os días 1 e 15 (inclusive) de cada mes implica a renuncia do alumno/a no mes seguinte ao da tramitación da solicitude.
    - A solicitude da baixa entre os días 16 e 31 (inclusive) de cada mes implica que o alumnado deberá OBRIGATORIAMENTE aboar o mes seguinte no que solicitou a baixa sendo a tramitación efectiva de baixa no mes posterior.
    - A falta de pagamento ou a devolución de dous recibos por calquera causa, salvo erro da administración, implicará a baixa automática na Escola Municipal de Música.

 

Prazo extraordinario de matriculación

  • - O anuncio das prazas vacantes será anunciado na web municipal: www.sada.gal o día 3 de setembro
    - No caso de non cubrir todas as prazas ofertadas pola Escola Municipal de Música de Sada, abrirase un prazo extraordinario de matriculación entre os días 8 e 12 de setembro.
    - Publicación da listaxe de alumnado admitido: 18 setembro.
    - Periodo de pagamento do alumnado admitido no prazo extraordinario: 19 ao 25 setembro

Arquivado en