Persoas usuarias están a manifestar a súa desconformidade co cambio impulsado pola oposición no pleno. O Concello traballa nunha solución que permita recuperar o normal funcionamento que sempre existiu na instalación
A Concellería de Deportes, Educación e Xuventude programa un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre. Trátase dunha formación útil que abre moitas portas de cara á inserción laboral. Esta formación capacita para deseñar, programar e pór en práctica ou avaliar actividades para o tempo libre ou socioculturais, orientadas á infancia, á mocidade, aos maiores ou ás persoas con necesidades especiais. Os contidos deste curso abarcan áreas como psicoloxía, dinámicas de grupo, xogos no tempo libre, expresión, educación ambiental, saúde, ou lexislación.
O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado escolarizado no Concello de Sada.
A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 6 de novembro acordou convocar as «Axudas para a actividade anual das ANPAs», que se rexerán polas bases reguladoras aprobadas conxuntamente na mesma sesión.
A Alcaldía, por medio do decreto 2087/2025 do 10 novembro, resolveu aprobar a convocatoria de «Axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar para o curso 2025», que se rexerán polas bases reguladoras seguintes. Prazo de solicitude entre 21/11/2025 e 12/12/2025 (A.I.)
O Concello de Sada programa unha serie de actividades que facilita a posibilidade de realizar visitas gratuitas para coñecer outras zonas de Galicia de interés cultural, social ou medioambiental ao longo de todo o ano.
Venres 3 de outubro. Dúas quendas de 17:00 a 18:00 e de 19:00 a 20:00. Na Biblioteca municipal para nen@s entre 8 e 12 anos
Informamos ás familias inscritas para participar na actividade “A Vila do Mañá” que debido ás condicións meteorolóxicas previstas para a próxima semana, esta NON PODERÁ CELEBRARSE entre o luns 1 e o xoves 4 de setembro.
Procedemento de matrícula do servizo de comedores escolares no CEIP Sada y Contornos xestionados polo Concello de Sada, para o curso escolar 2025-2026. En función das situacións sobrevidas que puideran xerarse, o servizo poderá sufrir cambios no desenvolvemento do mesmo.