CONVOCATORIA DAS AXUDAS PEL-REACTIVA EN SADA.

04/11/2020

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PEL-REACTIVA EN SADA.

Sada convoca as axudas do PEL-REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA para mitigar os efectos negativos que a pandemia ocasionou no seu tecido empresarial local, para así, deste xeito, acadar unha pronta recuperación económica. Estas axudas están dirixidas ás persoas profesionais autónomas e microempresas, sustento das súas economías locais, para contribuír así á súa pronta recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico da nova era posCOVID-19.


Tramite de solicitude a través da  Sede Electrónica

BASES ESPECÍFICAS PARA SADA PEL REACTIVA

Publicación da Convocatoria no Sistema nacional de Publicidad de Subvenciones

EXTRACTO DA CONVOCATORIA PUBLICADA O 4 NOVEMBRO NO BOP

Decreto de alcaldía 2280/2020, do 29 de outubro de 2020, polo que se convocan subvencións para impulsar a actividade económica e o emprego 

Primeiro.–Beneficiarios.

Persoas traballadoras autónomas e microempresas que visen afectada a súa actividade pola situación orixinada pola COVID-19 nos termos previstos nas bases.

Segundo.–Obxecto.

Facilitar medios para facer fronte ás consecuencias da crise provocada pola COVID-19 e a paliar o seu impacto económico e social sobre as microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas no municipio de Sada.

Terceiro.–Bases reguladoras.

Bases específicas reguladoras das axudas dos concellos adheridos ao fondo de financiameno para a reactivación económica e social da Provincia da Coruña. Publicadas no BOP 123, do 5 de agosto de 2020. NORMAS REGULADORAS PEL-REACTIVA: FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA DESTINADO AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES

Cuarto.–Contía.

O orzamento da convocatoria ascende a 226.411,43 euros, estando prevista unha subvención máxima de 3.000 euros por persoa beneficiaria.

Quinto.–Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día siguiente ao da publicación no BOP da Coruña do extracto da convocatoria específica do Concello. O prazo de presentacion de solicitudes finalizará ás 14.00 horas do día 25 de novembro de 2020. 

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Benestar Social. Economía. Subvencións e Axudas. Emprego. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA