Criterios e o baremo que se han de seguir para adxudicación de praza no srevizo de comedor escolar en CEIP Pedro Barrié de la Maza e CEIP Sada y Sus Contornos para o curso 2022-2023
Ademais da documentación que se especifica para os criterios, deberase entregar tamén o MODELO DE SOLICITUDE DE PRAZA DE COMENSAL debidamente cuberto e asinado e que se presentará por rexistro de entrada no Concello de Sada.
No caso de intolerancias ou alerxias á solicitude deberase engadir un Certificado Médico acreditativo das citadas circunstancias
En casos de empate, atenderase, en primeiro lugar, á renda familiar, favorecendo a admisión ao servizo dende as rendas máis baixas ás máis elevadas.
*En caso de matrícula fóra do prazo, sempre que existan prazas libres, será o Concello o que, por motivos de organización, determine a data na que poderácomezar no servizo, que xeralmente coincidirá co inicio do mes seguinte á solicitude cursada.
Para que a matrícula sexa efectiva serán condicións indispensables as seguintes:
1º) Cubrir e imprimir o impreso de inscrición e entregar a documentación acreditativa correspondente.
BAREMO
SITUACIÓN DE OCUPACIÓN DOS MEMBROS PARENTAIS:
- Pai (ou titor): 7 puntos
- Nai (ou titora): 7 puntos
- Pai (ou titor) e nai (ou titora) con ocupación laboral simultánea: 14 puntos
- Pai/nai/titor/titora que non está en situación de ocupación pero o estivo máis de 3 meses durante os últimos 12 meses e tamén é demandante de emprego: 5 puntos
SITUACIÓN FAMILIAR:
- Condición de familia numerosa, sempre que estes sexan usuarios ou usuarias do comedor: 2 puntos
- Pertenza a un colectivo de exclusión social, ou circunstancia familiar grave debidamente acreditada (nai solteira adolescente, proxenitor/proxenitora en prisión, situación de acollida, orde xudicial de afastamento): 2 puntos
- Nai/pai/titor/a, solteiro/solteira, viúvo/viúva, separado/separada ou divorciado/divorciada, que en solitario atenda ás necesidades cotiás do/da neno/nena: 8 puntos
- Por ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais: 8 puntos
- Por irmá/irmán con praza renovada no servizo: 5 puntos
Tamén se terán en conta as necesidades do servizo por parte do usuario, recibindo a puntuación acorde á seguinte táboa:
- Asistencia de 5 días á semana: 5 puntos
- Asistencia de 4 días á semana: 4 puntos
- Asistencia de 3 días á semana: 3 puntos
- Asistencia de 2 días á semana: 2 puntos
- Asistencia de 1 día á semana: 1 punto
*Nos casos de custodia compartida nos que un dos proxenitores ou proxenitoras non precise o servizo e o outro si, entenderase esta puntuación en termos absolutos dentro dos días ao mes que se precise o servizo.
DOCUMENTACIÓN:
Á solicitude de inscrición e renovación de inscrición ou renovación deberán achegarse os seguintes documentos:
- Certificado Oficial de empresa, debidamente selado e asinado, do horario laboral desempeñado no posto de traballo.
- Documentación acreditativa do estado familiar excepcional (monoparental, numerosa…)
- Documentación da última declaración da Renda ou documento acreditativo de non obrigatoriedade.
- Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.
- Xustificante da conta bancaria debidamente selado pola entidade.
PRAZO:
O prazo de entrega de toda esta documentación comeza o vindeiro luns, 27 de xuño e remata o luns, 18 de xullo de 2022. A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.