Dende dia 10 ao dia 28 de xuño está aberta a preinscipción de actividades de natación na piscina municipal.
Na noite do 23 ao 24 de xuño autorízase a realizar lumaradas en espazos de titularidade pública no Concello de Sada. Para isto, será preciso que as persoas interesadas presenten unha comunicación por escrito a través do rexistro xeral a partir do luns 10 e antes do día 21 de xuño ás 14:00 horas. Así mesmo será de obrigado cumprimento a notificación daquelas cacharelas a realizar en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio.
O departamento de Obras e Servizos ven de instalar nestes días dúas novas marquesiñas en Fontán e Meirás e traballan para a instalación de elementos semellantes noutros puntos do concello dada a demanda por parte da cidadanía e a necesidade de que os usuarios do transporte público conten cunha infraestrutura adaptada ás súas necesidades
O executivo de Benito Portela tamén proporá á corporación a aprobación dun Plan Antifraude e a instalación en dependencias municipais dun punto de actualización da información do DNI.
Sada ten aberto o proceso de licitación para a contratación do servizo de Prevención, Vixilancia, Salvamento, Socorrismo e primeiros auxilios nas praias de Sada. O Concello optou este ano por externalizar este servizo ante as dificultades que se dan dende hai anos para cubrir por completo as necesidades do mesmo.
“Estamos a falar dunha das vías centrais das nosa vila, polo que a súa mellora non só redundará na veciñanza da zona, senón do conxunto de sadenses que necesitan empregala xa sexa en vehículo ou a pé”, remarcou o alcalde, Benito Portela. Estas obras terán un prazo de execución de 5 meses
O obxectivo do Concello é que a piscina poida estar aberta ó público a comezos de verán e ata mediados de setembro. O Concello xa comezou os primeiros traballos de limpeza da contorna para preparar a infraestrutura para a súa apertura
A metade da oferta está reservada ó reforzo do cadro de persoal da Policía Local
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, ORDENACIÓN, INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS DE VEIGUE, CONCELLO DE SADA
O BOP nº39 de data 23 de febreiro de 2024 anuncia a aprobación da concesión das subvencións do Programa MA100: SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS NO 2024 na que se inclúe a concedida ao Concello de Sada por un importe de 24,021,92 euros.
O orzamento contempla subidas notables en servizos públicos básicos (+37%) ou protección social (20%). “Sada precisa destes orzamentos. Dende o goberno local facemos un chamamento á responsabilidade da corporación para que respalde unhas contas equilibradas, sociais e que apostan pola mellora dos espazos públicos” remarcou o alcalde, Benito Portela.