BOLSAS DE EMPREGO PARA POSTOS DE EDUCADOR SOCIAL 2024

13 / AGO / 2024

BOLSAS DE EMPREGO PARA POSTOS DE EDUCADOR SOCIAL 2024

Proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, ou contratacións temporais de carácter laboral do art. 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal educador social, da escala de administración especial, subescala técnica, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2024”, aprobadas por Resolución de Alcaldía 820/2024 de data 30 de abril. d. (BOP núm.88, do 07-05-2024).

REFERENCIA DO PROCESO SELECTIVO: PBE 02-2024

VIXENCIA DA BOLSA.A vixencia desta bolsa é de tres anos, prorrogables por outros 3, dende a súa aprobación por resolución do alcalde que se publicará no taboleiro e na sede electrónica municipal.

CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS.

  • a) Denominación da praza: Educador Social.
  • b) Escala de administración especial, subescala técnica
  • c) Grupo de clasificación: A subgrupo A2.
  • d) Tipo de relación xurídica: persoal funcionario interino/laboral temporal.

 

Arquivado en