06 / NOV / 2026

O obxecto destas bases é o de regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de asistencia regular (non ocasional), de luns a venres ou en determinados días da semana, durante o período lectivo do curso escolar 2026/2027, dirixidas a alumnado escolarizado no Concello de Sada.
Bases reguladoras e convocatoria das Bolsas de comedor escolar baseadas na renda familiar para o curso escolar 2026/27.
ANEXO I - Solicitude Bolsa Comedor Escolar xestionado por ANPAs
A bolsa comedor solicitarase presentando a documentación a través do rexistro municipal, ben de forma presencial ou a través do rexistro electrónico na sede electrónica municipal (sede.sada.gal). De xeito alternativo, a solicitude poderá presentarse por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A solicitude deberá acompañarse de:
- O anexo de solicitude específica deseñada para a convocatoria (ANEXO I), debidamente asinado pola persoa representante legal do menor que solicita a axuda.
A documentación obrigatoria, que se sinala no apartado 10 desta convocatoria.
A documentación complementaria, no caso de que sexa necesaria, segundo se recolle no apartado 11 desta convocatoria.
O rexistro municipal facilitará copias desta solicitude, que tamén estará dispoñible para descarga na web municipal.
O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.