TOULIÑA POP 2024

11 / MAI / 2024

O 11 de maio chega o FESTIVAL TOULIÑA POP, o festival de música pop-rock máis auténtico, organizado polo Concello de Sada e a Asociación Cultural Touliña.

COMPARTIR EN:

ESCOLAS DE VERÁN 2024

29 / ABR / 2024

A Concellaría de Deporte, Educación e Xuventude do Concello de Sada, leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre. É consciente esta concellaría da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta das Escolas de Verán 2024. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

COMPARTIR EN:

SADA CELEBRA A COPA DEPUTACIÓN DE BALONMÁN NA RÚA ...5X5

26 / ABR / 2024

Sada acollerá do 3 ao 5 de maio a segunda edición do campionato “BALONMÁN NA RÚA 5X5". A rapazada interesada pode inscribir xa o seu equipo

COMPARTIR EN:

Concello de Sada e Sargadelos asinan o convenio qu...e permitirá un ano máis a apertura da piscina do Castro, a Pía do Loureiro

26 / ABR / 2024

O obxectivo do Concello é que a piscina poida estar aberta ó público a comezos de verán e ata mediados de setembro. O Concello xa comezou os primeiros traballos de limpeza da contorna para preparar a infraestrutura para a súa apertura

COMPARTIR EN:

PREMIOS LUGRÍS FREIRE DA XVII MOSTRA DE TEATRO DE ...SADA

22 / ABR / 2024

Onte, domingo 21 de abril, rematou a XVII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada, coa entrega dos premios Lugrís Freire e a representación da obra "Melocotón an Almibar" da compañía sadense Teatro Artesán. De entre as 36 solicitudes presentadas a concurso, as catro compañías que foron seleccionadas para a Mostra máis a seleccionada para o día de peche, recibiron un premio fixo de 800€. O premio do xurado recaeu en "De marzo a marzo" da compañía Opaí Teatro (Ferrol) que recibiu unha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ para impulsar os seus futuros traballos. Pola súa banda, o público valorou de forma maioritaria a obra "Até logo, Mari Carmen" da compañía Caixón de Xastre (A Coruña) quen tamén foi obsequiada cunha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ que sen dúbida contribuirán á creación de novos proxecto

COMPARTIR EN:

VISITA GUIADA Á TELVA

22 / ABR / 2024

Desde Coawa, impulsada pola Cátedra Emalcsa-UDC, ponse a disposición da cidadanía unha visita guiada na planta potabilizadora de A Telva e a contorna do Río Mero (Sigras, Cambre) o martes 7 de maio.

COMPARTIR EN:

O Concello de Sada publica unha Oferta Pública de ...Emprego de oito prazas para distintos grupos

19 / ABR / 2024

A metade da oferta está reservada ó reforzo do cadro de persoal da Policía Local

COMPARTIR EN:

Bolsa de emprego para persoal da escala de adminis...tración xeral subescala auxiliar

18 / ABR / 2024

A convocatoria ten por obxecto a creación dunha nova bolsa de emprego temporal para persoal funcionario interino da Escala de Administración Xeral Subescala Auxiliar (grupo C/subgrupo C2) e sbstituirá, cando se aprobe, á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1608/2020, do 3 de agosto

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS

FÍO DIRECTO CO ALCALDE

Poñendo luz sobre a actividade e a xestión municipal

AVISOS, SUXESTIÓNS E QUEIXAS