Proceso selectivo de bolsas de emprego para postos de psicólogo

26 / ABR / 2023

 Proceso selectivo de bolsas de emprego para postos de psicólogo

Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, ou contratacións temporais de carácter laboral  do art. 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal psicólogo, da escala de administración especial, subescala técnica, en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2023”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 15 de marzo de 2023. (BOP núm.57, do 23-03-2023). 

Arquivado en