VIVAS. ACTRICES POR SUPERVIVENCIA

22 / NOV / 2026

VIVAS. ACTRICES POR SUPERVIVENCIA

A Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acolle o domingo 22 de novembro, ás 18:00 horas, a proxección do documental «VIVAS. Actrices por supervivencia», unha película documental dirixida por Rubén Ríos. A actividade contará coa presenza do director, que participará nun coloquio e debate co público ao remate da proxección.

VIVAS. Actrices por supervivencia é unha produción audiovisual que dá voz a mulleres e actrices, poñendo o foco nas súas experiencias vitais e nas situacións de violencia que atravesan as súas historias. A través dos seus testemuños, a película propón unha reflexión sobre a supervivencia, a violencia contra as mulleres e a importancia de visibilizar estas realidades.

O documental conta coa participación de María Carmen Torres, Rosana Padín, María del Mar Landín, Isabel Domínguez, María Milagros Pazos, María del Carmen Blanco, Jacinta López, Celeste Martins, Ana Carolina Melo, Catia Nunes, Ana Rita Jesús, María José Matos, Paula Gomes e María Irene Moutela.

A proxección converterase tamén nun espazo de encontro e reflexión colectiva, coa oportunidade de dialogar directamente co director, Rubén Ríos, sobre o contido da película e as cuestións que aborda.

A actividade está organizada polo Concello de Sada, coa colaboración de diferentes entidades e institucións.

Esta iniciativa está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Arquivado en