07 / MAI / 2025
A Asociación DeVuelta coa colaboración da concellería de Cultura programa un "Xabaconcurso" para a rapazada de 5 a 12 anos.
BASES DO XABACONCURSO
- A idade de participación será de 5 a 12 anos
- A temática será o XABARÍN CLUB, as súas series, etc.
- O obxetivo e fomentar a creatividade polo que o tipo de traballo e o material a utilizar é de libr eelección
- Os traballos das persoas gañadoras serán parte da exposición Xabarín dende o 25 de maio.
- Os traballos poderanse presentar ata o 23 de maio na OMIX Sada.
- Cada traballo presentado deberá constar nome, data de nacemento e teléfono da nai/pai/titora/titor
- Haberá dous gañadorees/as por tramo de idade 5-7, 8-9, 10-12 anos.
- A entrega de premios levarase a cabo o domingo 1 de xuño a partir das 15:30 horas.