Seguridade cidadá

Seguridade Cidadá

Na  área de Seguridade Cidadá, a Policía Local e o Servizo de Emerxencias contra Incendios e Análogos (SEM) son parte dos servizos municipais destinados a salvagardar a seguridade dos sadenses. Esta concellería procura a creación de políticas transversais que enfronten as causas da inseguridade a través da acción converxente destes dous equipos de seguridade.

Baixo os principios de prevención, proximidade ca sociedade, participación, coordinación, calidade no servizo e solidariedade para afrontar as causas sociais que xeran a inseguridade da cidadanía, se traballa na procura do obxectivo fundamental, centrado en ofrecer unha maior seguridade e benestar.

Policía Local

Se desexas poñerte en contacto coa Policía Local de Sada podes facelo a través do correo electrónico trafico@sada.gal ou no teléfono 981 62 24 84629 572 289

As súas instalacións atópanse na avenida Párroco Villanueva, 37 Bajo - 15160 – Sada

Servizo de Emerxencias Municipal

Se desexas poñerte en contacto co Servizo de Emerxencias Municipal  podes facelo a través do correo electrónico bomberossada@gmail.com  ou no teléfono 607 438 457

As súas instalacións atópanse en Costa, s/n - SOÑEIRO - 15163

Actualidade

SAÍDAS MEDIOAMBIENTAIS GUIADAS 2026

05 / MAR / 2026

O Concello de Sada organiza as saídas medioambientais gratuitas deseñadas e guiadas por persoas expertas da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

COMPARTIR EN:

O Concello de Sada presenta alegacións contra o pr...oxecto de almacenaxe de baterías previsto na parroquia de Meirás

05 / MAR / 2026

O goberno local convoca á veciñanza de Meirás a unha reunión para detallar as alegacións presentadas

COMPARTIR EN:

CURSO DE MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE 2...026

03 / MAR / 2026

A Concellería de Deportes, Educación e Xuventude programa un Curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre. Trátase dunha formación útil que abre moitas portas de cara á inserción laboral. Esta formación capacita para deseñar, programar e pór en práctica ou avaliar actividades para o tempo libre ou socioculturais, orientadas á infancia, á mocidade, aos maiores ou ás persoas con necesidades especiais. Os contidos deste curso abarcan áreas como psicoloxía, dinámicas de grupo, xogos no tempo libre, expresión, educación ambiental, saúde, ou lexislación.

COMPARTIR EN:

O Concello analiza as consecuencias da nova aplica...ción da normativa de uso na piscina municipal

03 / MAR / 2026

Persoas usuarias están a manifestar a súa desconformidade co cambio impulsado pola oposición no pleno. O Concello traballa nunha solución que permita recuperar o normal funcionamento que sempre existiu na instalación

COMPARTIR EN:

ENTROIDO SADA 2026

02 / MAR / 2026

A Concellería de Cultura programa as FESTAS DO ENTROIDO do 14 ao 17 de febreiro

COMPARTIR EN:

Taller de auto-coidado e benestar emocional para m...ulleres de Sada.

28 / FEB / 2026

Dentro das actividades do 8M a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego promove a realización do Taller de auto-coidado e benestar emocional para mulleres empadroadas en Sada.

COMPARTIR EN:

CONVOCATORIA AXUDAS-BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

26 / FEB / 2026

O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar xestionado por ANPAS, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2025/2026, para o alumnado escolarizado no Concello de Sada.

COMPARTIR EN:

Subvencións destinadas a deportistas individuais d...o Concello de Sada 2025

20 / FEB / 2026

A Alcaldía, por medio do decreto 2089/2025 do 10 de novembro, resolveu aprobar a convocatoria de subvencións dirixidas a deportistas individuais do Concello de Sada para o ano 2025, que se rexerán polas bases reguladoras que se achegan a continuación. Prazo de solicitude do 21/11/2025 ao 12/12/2025 (A.I.)

COMPARTIR EN:

Segunda convocatoria PS para persoas con discapaci...dade dunha praza da escala de administración xeral, subescala auxiliar (OEP 2024)

20 / FEB / 2026

O Concello de Sada convoca novamente, tras quedar deserto nunha primeira convocatoria, o proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza de persoal funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar (Grupo C, subgrupo C2 de clasificación) denominada: auxiliar administrativo, vacante no cadro de persoal e incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Sada para 2024 (BOP núm. 77, do 19-4-2024), mediante o sistema selectivo de oposición en quenda reservada a persoas con discapacidade. E aplicarlle á dita convocatoria as bases específicas aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 1719/2025, do 23 de setembro (BOP núm.185, do 29-9-2025) e as bases xerais dos procesos selectivos para o desenvolvemento da oferta de emprego público para o Concello de Sada do ano 2024, aprobadas polo Decreto desta Alcaldía núm. 938/2024, do 16 de maio, (BOP núm. 104, do 30-5-2024).

COMPARTIR EN:
COMPARTIR EN:

XIX Mostra de Teatro Afeccionado Sada 2026

13 / FEB / 2026

A Concellería de Cultura convoca a XIX edición da Mostra de teatro Afeccionado pola que se promove a actividade teatral de carácter afeccionado e dar a coñecer entre a poboación sadense unha selección das montaxes escénicas contemporáneas, no eido do teatro amador. Na Mostra entregaranse os «Premios Lugrís Freire», en homenaxe e lembranza do escritor e dramaturgo sadense, un dos máximos expoñentes do teatro social galego, director da Escola Rexional de Declamación e homenaxeado coas Letras Galegas 2006. Un xurado e o público que asista aos espectáculos determinarán, a través das súas valoracións, cales serán as compañías premiadas nesta edición.

COMPARTIR EN:

VER MÁIS NOVAS