SAMAÍN EN SADA 2025

22 / OUT / 2025

SAMAÍN EN SADA 2025

O Concello de Sada, en colaboración co comercio local, organiza un programa especial de actividades co fin de premiar a creatividade e o esforzo do sector á hora de decorar os escaparates dos seus establecementos, así como a súa contribución para impulsar a actividade comercial e potenciar o ambiente festivo durante a festividade de Samaín. As actividades desenvolveranse o 31 de outubro

FOLLA INSCRICIÓN CONCURSO ESCAPARATES DE MEDO

 

XINCANA POLOS COMERCIOS DE SADA:

A xincana consistirá nun percorrido interactivo polos establecementos colaboradores, onde as persoas participantes deberán completar unha tarxeta de ruta con 9 selos. Para elo disporán dun plano de localización dos comercios participantes e deberán estar disfrazadas con motivos propios da data para poder participar nela. Esta actividade está aberta a todas as persoas interesadas, aínda que está especialmente dirixida á participación de nenos, nenas e familias.

Modo de participación e desenvolvemento da actividade

  • • As persoas participantes deberán visitar os establecementos sinalados e conseguir os 9 selos correspondentes.
  • • As tarxetas poderán recollerse nos seguintes puntos: Carpa na Praza de España o día 31 de outubro a partir das 16:00 h. / Edificio Administrativo do Concello entre os días 28 e 31 de outubro, en horario de atención ao público.
  • • Cada tarxeta incluirá un código QR que permitirá consultar a listaxe e localización dos comercios colaboradores.

Entrega e sorteo de premios

Unha vez completada a tarxeta, poderá entregarse na carpa situada na Praza de España para poder participar nun sorteo que terá lugar ás 20:00 h.

 

V CONCURSO DE ESCAPARATES DE MEDO

Modo de Participación

Poderán participar todos os establecementos comerciais do municipio de Sada, con independencia da actividade que desenvolvan, sempre que conten con escaparate visible desde a vía pública. Os escaparates deberán estar
decorados con motivos inspirados na temática do Samaín.

 

Inscrición

A inscrición é gratuíta. Os establecementos interesados deberán cubrir o ANEXO I e presentalo por vía telemática ou presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de outubro.

 

Condicións de participación

Os establecementos participantes deberán decorar o escaparate e, se o desexan, ambientar tamén o interior do local, sempre baixo a temática do Samaín.

Cada local recibirá doces e caramelos para repartir aos participantes da xincana, ademais de ser responsable de cuñar as tarxetas de participación.

Unha vez rematada a decoración, cada establecemento deberá enviar unha fotografía do escaparate ao correo electrónico turismo@sada.gal, antes do 28 de outubro, para a súa difusión nas redes sociais do Concello.

Os escaparates deberán permanecer decorados, como mínimo, desde o 27 de outubro ata o 1 de novembro, ambos incluídos

 

Valoración e premios

A organización concederá tres premios ás mellores decoracións, segundo o criterio do xurado, consistentes en:

Primeiro premio: 200€, Segundo premio: 150€ e o Terceiro premio: 100€

Terase especialmente en conta a incorporación de elementos vinculados á tradición galega do Samaín, tales como: castañas, caveiras, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, camposantos, Santa Compaña, cabazas, arañas, morcegos ou ánimas nocturnas, entre outros.

A participación realizarase por cada establecemento, con independencia do número de escaparates dispoñibles.

O deseño da decoración deberá ser orixinal, non podendo admitirse copias de terceiras persoas. Así mesmo, o deseño deberá respectar as normas básicas de ética e bos costumes e respectar os principios de igualdade de xénero e non discriminación de ningunha clase.

No caso de que algún dos deseños non cumpra cos requisitos anteriores acordarase, por parte da Entidade organizadora, a eliminación do participante.

Os establecementos participantes aceptan expresamente as presentes bases, como condición necesaria para a participación no Concurso. O incumprimento das bases por calquera participante implicará a súa eliminación do Concurso.

Os premios do Concurso asignaranse de acordo con a orde de clasificación obtido, de maneira que gañará o primeiro premio a empresa que máis puntos reciba e así sucesivamente ata esgotar os premios existentes.

No seu caso, os premios deberán ser obxecto da retención correspondente, de acordo con a norma legal que determine nese momento a autoridade tributaria.

A modalidade de entrega do premio será a transferencia bancaria.

Os premios son persoais e intransferibles e non poderán ser obxecto de cambio ou compensación. Se o establecemento participante rexeita o premio non recibirá ningún obsequio alternativo.

Os premios serán entregados nun prazo de quince días a contar desde a oficialidade do resultado.

No caso de realizarse un acto oficial de entrega dos Premios, é obrigación dos comercios premiados acudir en data e hora á sede municipal que se determine.

Se a persoa responsable do comercio non pode acudir, deberá designar a unha persoa que o represente no acto.

Para os efectos do Concurso, as obrigacións da Entidade organizadora e con respecto aos establecementos gañadores finalizarán coa entrega do premio. En particular, non se responsabilizarán de posibles perdas, furtos, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros.

O incumprimento das condicións de participación no Concurso, detectado tras a decisión, dará lugar á obrigación de devolver o premio recibido.

No caso de que nin os establecementos gañadores nin os suplentes cumpran as condicións de participación, a Entidade organizadora poderá declarar o premio ou os premios correspondentes deserto/s.

O xurado estará composto por tres representantes do Concello de Sada:

  • Dna Irene Ventura, Presidenta de Acesada (e Presidenta do xurado)
  • Da. Luisa Celis, Técnica de emprego e desenvolvemento local
  • D. Antonio Martínez, Auxiliar de Turismo

Os criterios de valoración, puntuados cada un deles entre 1 e 10 puntos, serán os seguintes:

  • Ambientación na festa tradicional do Samaín
  • Orixinalidade na presentación única que reflexe a temática do Samaín
  • Integración dos símbolos e tradicións do Samaín no escaparate
  • Montaxe: complexidade e proporción en relación ao escaparate/s
  • Estética con emprego de materiais e recursos propios e uso específico da luz para resaltar elementos

Cada membro do Xurado cubrirá unha ficha por cada escaparate participante, na que se expoñerán os aspectos máis relevantes das valoracións realizadas. En caso de empate decidirá, co voto de calidade, a Presidencia do
Xurado.

 

OUTRAS DISPOSICIÓNS

A participación implica a aceptación destas bases, así como a resolución das mesmas. O Concello de Sada poderá adoptar todas as actuacións e decisións que resulten oportunas para a resolución das controversias e/o conflitos que poidan xurdir durante o desenvolvemento do Concurso, salvo que as mesmas prexudiquen indebidamente ás persoas participantes pola súa arbitrariedade, desproporción ou falta de equidade

Arquivado en