Sada suspende a partir de mañá todo tipo de actividades durante os próximos 15 días

12 / MAR / 2020

Sada suspende a partir de mañá todo tipo de actividades durante os próximos 15 días

- A suspensión afecta a actividades deportivas, culturais, de lecer, escolas municipais ou feirón pero tamén á celebración dos procesos selectivos.

-O concello instalará ademáis dispensadores de xel hidroalcohólico en dependencias municipais e Casas do Pobo e difundirá información visual sobre o protocolo do COVID-19

-Seguindo protocolo da Xunta de Galica e a Fegamp todos os centros educativos do municipio quedarán pechados a partir do luns 16 de marzo en todos os niveis educativos.

Sada, 12 marzo 2020.

O goberno de Sada reuniuse esta mañá para establecer as recomendacións, aplazamentos e suspensións de actividades, escolas municipais e eventos dependentes do consistorio durante os próximos 15 días sen prexuicio de que en vindeiras datas se amplien estas medidas.

Neste sentido acordouse a suspensión das probas dos procesos selectivos que tiñan que celebrarse nos vindeiros días comezando polo exame de mañá venres ás 12:00 da mañá na Casa da Cultura onde estaban citadas 214 persoas para a primera proba da bolsa de emprego de prazas de Escala de Administración Xeral Subescala Auxiliar (PS 4/2020).

Asemade o goberno suspende todas as actividades a celebrar na Casa da Cultura de Sada incluindo as clases da Escola Municipal de Música, da Escola Municipal de Teatro e todo tipo de programación cultural do Auditorio e da Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo.

No tocante ás actividades deportivas quedan suspendidas as escolas deportivas municipais e non haberá actividade nas instalacións deportivas municipais (campo de fútbol As Mariñas-Andres-Pena, campo de fútbol de Carnoedo, pavillón municipal e piscina municipal) así como nas demás instalacións deportivas nos horarios que xestiona o Concello (pavillón do Albergue da Marina ou pavillóns dos centros escolares). Polo tanto queda aprazado o torneo torneo autonómico de taekwondo “Vila de Sada” que debería celebrarse o vindeiro domingo 14 de marzo.

 Quedan tamén suspendidas as actividades de maiores e as actividades extraescolares. No caso do feirón se cancela a celebración do mercadillo os sábados 14 e 21 de marzo.

Seguindo as recomendacións que ven de acordar a Xunta de Galicia coa Fegamp desde o luns 16 de marzo todos os centros educativos do municipio permanecerán pechados en todos os niveis educativos. Asemade desde o 16 de marzo pechará a biblioteca Municipal Ramón Súarez Picallo ao público.

Maior limpeza nos edificios municipais e Casas do Pobo.

O Concello de Sada, seguindo as recomendacións dos órganos sanitarios  e da OMS, mercou dispensadores de xel hidroalcohólico para a desinfección hixiénica de mans que se instalarán nos próximos días en todas as dependencias municipais, tanto de atención ao público como de utilización de empregados municipais, así como nas Casas do Pobo das parroquias do municipio.

O xel hidroalcohólico, alcol-xel ou xel limpador bactericida, é un produto antiséptico que se emprega como alternativa á auga e xabón para lavarse as mans e son útiles na contorna hospitalaria, máis aséptico, onde as mans entran en contacto con microorganismos sen presentar excesiva suciedade.

O goberno municipal demandará da empresa adxudicataria do servizo de axuda no fogar que doten de equipos de protección adecuados as traballadoras xa que este servizo é imprescindible e non se cancelará, polo que o persoal deberá realizar a súa labor coas maiores protección posibles.

Desde o Concello tamén difundirase información visual, facilitada por organismos sanitarios, a través de cartelaría que se situará nas portas de acceso a todos os edificios municipais. Nos devanditos carteis informarase do protocolo de actuación ante o COVID-19.

Avisos en relación ao CORONAVIRUS.

O Concello de Sada informará desde a súa web municipal e as súas redes sociais de calquera cambio nestas suspensións ou de calquera medida adoptada polo tema da pandemia do Coronavirus.

Arquivado en