Sada habilita un espazo familiar do Nadal detrás de A Terraza

13 / DEC / 2022

Sada habilita un espazo familiar do Nadal detrás de A Terraza

A Concellería de Cultura, Comercio e Turismo abrirá o sábado 17 de decembro un espazo temático do Nadal na zona detrás do edificio de A Terraza para disfrute de toda a familia con actuacións musicais e degustacións gratuitas. Ademáis na programación destas datas a Banda Municipal de Música de Sada, coa participación da Banda Xuvenil e o Coro Infantil, ofrecerán o sábado 17 ás 19:30 horas na Casa da Cultura o tradicional Concerto de Nadal

Dentro da potenciación da programación do Nadal que estase a realizar desde a concellería de Cultura, Comercio e Turismo, o sábado 17 de decembro a partir das 18:00 horas, na zona habilitada detrás do edificio de A Terraza, instalarase un novo espazo navideño para disfrute de toda a familia.

Trátase dun espazo temático no que se simulará un pequeno poboado navideño e no que se incluirán varios puntos “photocall”. Ademáis instalarase a Árbore dos Desexos, onde as familias logo de escribir nas tarxetas poderán colgar os seus desexos para o ano que entra nesta árbore que se creará entre toda a veciñanza.

O sábado a partir das 18:00 horas abrirá este novo espazo cun programa de actividades no que se inclúe a entrega dos premios do concurso Postais do Nadal en Sada 2022-2023, unha actuación musical de repertorio navideño a cargo de Dixie Kings feat. Paty Lesta”, o inicio da creación da Árbore dos Desexos e unha degustación gratuíta de palomitas e de castañas.

Ese mesmo día a Banda Municipal de Música de Sada, acompañada da Banda Xuvenil e do Coro Infantil, ofrecerá a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura o tradicional Concerto do Nadal onde o alumnado da Escola de Música de Sada interpretará xunto cos componentes da Banda un repertorio de panxoliñas e música música navideña.

Arquivado en