A festa dos maiores de Sada terá lugar o sábado 12 de setembro de 2026 entre as 18 e as 22 horas no Pavillón Municipal de Sada. Na primeira parte da tarde disfrutaredes dunha deliciosa merenda que sobre as 20 horas dará paso ao baile e actuación musical a cargo de Xilo.
O Concello de Sada, a través da Concellería de Promoción Económica, organiza unha campaña extraordinaria de dinamización comercial co gallo do eclipse solar que terá lugar o vindeiro 12 de agosto de 2026. Este fenómeno astronómico sitúa ao municipio nunha posición privilexiada para a súa observación, o que constitúe unha oportunidade única para atraer visitantes, dinamizar o tecido empresarial e incentivar o consumo no comercio local.
O Mercado Modernista proponse como elemento reforzador da oferta de contidos culturais e de lecer do programa da XV Feira Modernista, a celebrar os vindeiros 31 de xullo, 1 e 2 de agosto.
O Concello de Sada organiza unha nova edición da feira de comercio local, acontecemento que ten un claro potencial de estimulación do sector e atracción de visitantes o que constitúe unha oportunidade para impulsar a actividade económica e comercial do municipio.
O Concello de Sada ten en propiedade un total de 45 soportes publicitarios que os comerciantes e hostaleiros poderán empregar para decorar os seus establecementos durante a vindeira Feira Modernista. Os soportes, que están deseñados para lucir o cartel da XV edición, poden ser usados tamén para difundir calquera promoción ou iniciativa que os pequenos empresarios teñan pensado ofertar durante as datas sinaladas.
Subvencións municipais no para a organización de festas patronais parroquiais, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade, con efectos unicamente para o exercicio 2025. O Concello de Sada desenvolve esta liña de axudas dirixidas a entidades organizadoras das festas patronais parroquiais coa finalidade de contribuír a fomentar a participación activa da cidadanía na celebración e conservación das festas parroquiais de maior tradición e arraigo, que forman parte da nosa identidade e memoria colectivas.
Coa chegada do mes de xuño, Sada prepárase para celebrar unha das festas máis emblemáticas e multitudinarias do ano na nosa vila. A noite de San Xoán volverá converter os nosos areais e espazos públicos en lugares de encontro, convivencia e celebración, polo que o Concello de Sada ultima xa todos os preparativos para garantir que esta noite máxica transcorra nas mellores condicións de seguridade, respecto e desfrute colectivo.
A Concellería de Cultura programa as FESTAS DO ENTROIDO do 14 ao 17 de febreiro
O Concello de Sada, en colaboración co comercio local, organiza un programa especial de actividades co fin de premiar a creatividade e o esforzo do sector á hora de decorar os escaparates dos seus establecementos, así como a súa contribución para impulsar a actividade comercial e potenciar o ambiente festivo durante a festividade de Samaín. As actividades desenvolveranse o 31 de outubro
O Concello de Sada organiza unha nova edición da feria do comercio local dentro do marco das Festas de Agosto 2025 en Sada, a celebrar nas datas do 9 e 10 de agosto. A Feira instalarase no Paseo Marítimo de Sada, á altura do edificio da Terraza, con espazo estimado para 23 postos de venda.
PROGRAMA DE FESTAS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE SADA CO FINANCIAMENTO DA XUNTA DE GALICIA E DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA