Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

20 / MAI / 2020

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

O Concello de Sada celebrou esta tarde un Pleno Telemático onde se aprobou destinar un millón de euros a adopción de medidas extraordinarias para minimizar a incidencia da crise sanitaria do coronavirus COVID-19 no tecido productivo local, e reducir o impacto social causado por esta pandemia.

 

Sada, 15 maio 2020.

A Corporación do Concello de Sada aprobou esta tarde un moficativo de crédito para destinar un millón de euros para paliar os efectos do COVID-19 tanto no ámbito empresarial como no ámbito do Benestar.

A proposta da alcaldía aprobada inclúe destinar 800.000 euros en axudas para  unha reactivación da economía da noso concello, actuando directamente sobre os colectivos e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas. Asemade no ámbito do benestar social supleméntase con 70.000 euros o SAF de libre concorrencia e con 30.000 euros as axudas de emerxencia social. Finalmente requiriuse a adquisición inmediata de diverso material de protección e desinfección para a seguridade do persoal municipal e a promoción de medidas de salubridade entre a poboación municipal; subministracións que deberán continuar e para as que se estiman unhas necesidades de 100.000 €.

O alcalde de Sada, sinalaba ao comezo do Pleno Extraordinario que estamos ante “unha situación que dificulta e perxudica, en moitos casos, a supervivencia de moitas persoas autónomas e de pequenas e medianas empresas: o peche temporal ou a disminución notable de ingresos resultado do confinamento da poboación; provocará en moitas delas unha situación de inestabilidade e vulnerabilidade que lles impedirá manter e consolidar os empregos xerados nos últimos anos, onde as afiliacións a seguridade social incrementaronse de forma sustancial no noso concello”.

Por todo elo o Concello de Sada considera imprescindible a posta en marcha, desde o ámbito municipal, dunha liña de axudas de 800.000 euros, para contribuir a paliar os perxuizos provocados ou derivados desta situación que estan a sufrir autónomos e microempresas, e as extraordinarias consecuencias que pode ter esta crise na destrucción de emprego.

“É necesario, subliñou o alcalde, que unha vez finalizada a alarma sanitaria, se produza canto antes unha reactivación da economía da noso concello, actuando directamente sobre os colectivos e as persoas físicas e xurídicas máis afectadas. A transición cara unha economía de aposta polo local é imprescindible e fundamental desde un punto de vista económico, de competitividade, social e de Igualdade.”

Por outra banda no ámbito do benestar social o Concello de Sada entende que é perentoria a necesidade de incrementar a partida destinada ao Servizo de Axuda ao Fogar de libre concurrencia. Desde o Concello de Sada se entende que non se deben dar por finalizados úns servizos básicos esenciais unha vez finalizado o servizo temporal financiado pola Consellería de Política Social xa que a situación de vulnerabilidade non rematará en moitos dos novos casos, polo que se aprobou o incremento sustancial da partida orzamentada para o ano 2020 e suplementar con 70.000 euros o SAF de libre concorrencia.  

Finalmente compre completar a asistencia municipal nas axudas de emerxencia social. A situación extraordinaria xerada pola crise sanitaria do coronavirus COVID-19 é dunha magnitude que actualmente é imposible calibrar con exactitude pero que require a adopción de medidas extraordinarias por parte do Concello de Sada para reducir e paliar o impacto sobre os colectivos mais vulnerables. O incremento exponencial da demanda destas axudas, así como a incidencia tan xeralizada dos efectos económicos e sociais desta pandemia, implican unha dotación orzamentaria mais amplia: 30.000 euros mais dos orzamentados inicialmente para atender as necesidades das familias mais afectadas pola crise.

Arquivado en