SADA APROBA A CONCESIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS PEL-REACTIVA

24 / FEB / 2021

SADA APROBA A CONCESIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS PEL-REACTIVA

A publicación da presente resolución provisional da cumprimento á notificación colectiva a todas as persoas e entidades interesadas, de acordo co artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e consonte ao establecido no punto 11 das bases reguladoras. As persoas e entidades interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentaren, de ser o caso, o desestimento da solicitude ou as alegacións que consideren oportunas. No caso de non formular desestimento expreso, a subvención considerarase aceptada tacitamente. No caso de formularse alegacións resolveranse de forma expresa na resolución de concesión definitiva desta convocatoria. Esta resolución de concesión provisional non crea dereito algún a favor das persoas beneficiarias propostas, en tanto non lles sexa notificada a resolución definitiva da súa concesión.

24/02/2021 - RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA. (Aprobación concesión provisional axudas PEL-REACTIVA Sada)

O Concello de Sada ven de aprobar a concesión provisional das axudas PEL-REACTIVA correspondentes á convocatoria  de subvencións do Concello de Sada dentro da adhesión ao fondo de financiamento provincial para a reactivación económica e social da provincia da coruña.

Aprobáronse mediante o decreto de Alcaldía núm. 2280/2020 as bases reguladoras da convocatoria municipal de axudas PEL-REACTIVA.

Visto o informe e proposta da comisión técnica, nomeada por medio do decreto de Alcaldía número 322/2021 para a instrución do procedemento, no que se recollen as solicitudes presentadas á presente convocatoria de axudas; realizada a comparación das solicitudes admitidas, establecéndose unha prelación entre elas consonte aos criterios de valoración fixados nas bases reguladoras da convocatoria.

Vista a valoración das solicitudes en función dos distintos grupos de beneficiarias tal como establece a Base 4.1, así como a súa ordenación por orde de maior a menor puntuación.

Comprobándose que o citado informe inclúe os motivos de exclusión provisional dalgunhas solicitudes, recolle o desestimento dalgunhas outras e sinala as que se valoran como correctas.

Visto o importe de axuda provisional que corresponde a cada solicitude e a súa asignación ata esgotar o orzamento previsto seguindo a orde de prelación descrita na base 6ª, constando no informe as solicitudes ás que provisionalmente corresponde a concesión da axuda así como a relación daquelas que aínda cumprindo coas condicións administrativas e técnicas esixidas, quedan provisionalmente desestimadas por terse esgotado o importe máximo do financiamento dispoñible para esta convocatoria.

Visto o contido do informe de Intervención JPB 031/2021 de data 23/02/2021 que fiscaliza de conformidade o presente expediente sen prexuízo dunha serie de termos e precisións sinalados no propio informe; quedando recollido na fiscalización a existencia de crédito adecuado e suficiente ao que imputar a disposición do gasto e constando a competencia da Alcaldía para a mesma.

SE RESOLVE:

Primeiro: Se resolve conceder provisionalmente as axudas do Concello de Sada, adherido ao Fondo de Financiamento para a rexeneración económica e social da provincia da Coruña, áos solicitantes que veñen enumerados no punto Primeiro do decreto polos importes que se sinalan.

Segundo:  Comunicar a relación de solicitudes que, cumprindo coas condicións administrativas e técnicas, non son estimadas provisionalmente por terse esgotado a contía máxima do financiamento dispoñible, fixado na resolución provincial núm. 2020/24109 de data 07 de agosto de 2020, establecendo unha listaxe de agarda na que poderán ser estimados na resolución definitiva, no caso de que se liberen fondos se algunha das interesadas recollidas no punto anterior non completa a xustificación da súa axuda. (Listaxe no punto segundo do decreto)

Terceiro. Denegar a concesión destas axudas á seguinte relación de solicitantes e polas causas que se sinalan (Listaxe no punto Terceiro do decreto)

Cuarto.- Entender por desistidas da súa solicitude de axuda ás seguintes interesadas, que ou ben non atenderon ao requirimento de emenda de documentación formulada polo Concello de Sada consonte se establece na Base 10ª reguladora da presente convocatoria de axudas ou ben renun-ciaron á súa solicitude. (Listaxe no punto Cuarto do decreto)

Quinto.- Dar conta, tal como se sinala no informe da Comisión Técnica, que en virtude do art. 24 do Regulamento da Ley General de Subvenciones sobre a simplificación da acreditación do cumprimento de obrigas tributarias e coa Seguridade Social, a presentación da declaración responsable substituirá á comprobación administrativa do cumprimento dos requisitos recollidos na base 4.2 da presente convocatoria, a cal terá lugar unha vez xustificadas as axudas e antes da aprobación dos pagos dos importes que finalmente sexan concedidos.

Sexto.- Publicar a presente resolución provisional na páxina web municipal, para dar cumprimento á notificación colectiva a todas as persoas e entidades interesadas, de acordo co artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e consonte ao establecido no punto 11 das bases reguladoras, concedéndolles un prazo de 10 días hábiles para presentaren, de ser o caso, o desestimento da solicitude ou as alegacións que consideren oportunas

No caso de non formular desestimento expreso a subvención considerarase aceptada tacitamente. No caso de formularse alegacións resolveranse de forma expresa na resolución de concesión definitiva desta convocatoria.

Esta resolución de concesión provisional non crea dereito algún a favor das persoas beneficiarias propostas, en tanto non lles sexa notificada a resolución definitiva da súa concesión.

A presente resolución é un acto de trámite que non pon fin á vía administrativa, polo que non é susceptible de recurso (art. 112.1 da LPACAP).

Arquivado en