Sada anima a participar na campaña Bonos Activa Comercio

27 / ABR / 2021

Sada anima a participar na campaña Bonos Activa Comercio

Laura Rodríguez, concelleira de Promoción Económica, estivo esta mañá a visitar aos comercios locais animando animan a participar da campaña Autonómica en colaboración coa FederaciónGalega do Comercio e as Asociacións Provinciais

Sada, 27 abril 2021.

Desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego animan a participar da campaña Autonómica en colaboración coa FederaciónGalega do Comercio e as Asociacións Provinciais que ven a sumarse ás iniciativas que desde as entidades locais desenvólvense desde o comezo da pandemiapara contribuír a reactivar o sector do comercio local.

“Sabendo das dificultades polas que está a pasar parte da veciñanza e do sector consideramos necesarias todas as propostas e medidas encamiñadas á dinamización do mesmo“, indica Laura Rodríguez, quen anima a participar desta e do resto deiniciativas que desde a área de Promoción económica estanse a levar a cabo co fin de achegar o comercio de proximidade á veciñanza e que esta sexa consciente da diversidade comercial de Sada, a calidade da oferta e aforro de tempo que supón co conseguinte beneficio para o emprego e a actividade económica da nosa vila.

Así mesmo, neste sentido, desde a Concellería lembran da disponibilidade do servizo de asesoramento personalizado e profesionalpara autónomos e PEMES nos servizos da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local para o que podades precisar.

 

 

Arquivado en