RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA SOBRE MEDIDAS NA ADMINISTRACIÓN RELATIVAS AO COVID-19

16 / MAR / 2020

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA SOBRE MEDIDAS NA ADMINISTRACIÓN RELATIVAS AO COVID-19

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA DO 16/03/2020 SOBRE MEDIDAS NA ADMINISTRACIÓN RELATIVAS AO COVID-19

Mediante o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, decretouse o Estado de Alarma polo Goberno de España para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, de conformidade co disposto na Lei Orgánica 4/1981, do 1 de xuño, dos estados de alarma, excepción e sitio.

A estes efectos, o artigo 6 do mesmo “Gestión ordinaria de los servicios”, expresamente sinala que “Cada Administración conservará las competencias que le otorga la legislación vigente en la gestión ordinaria de sus servicios para adoptar las medidas que estime necesarias en el marco de las órdenes directas de la autoridad competente a los efectos del estado de alarma y sin perjuicio de lo establecido en los artículos 4 y 5”.

O artigo 10.3 contempla “La suspensión de la apertura al público de los museos, archivos, bibliotecas, monumentos, así como de los locales y establecimientos en los que se desarrollen espectáculos públicos, las actividades deportivas y de ocio indicados en el anexo del real decreto”. Esto ten incidencia directa nos empregados públicos que atenden eses servizos e instalacións. O artigo 10.1 habilita á suspensión “de cualquier otra actividad o establecimiento que a juicio de la autoridad competente pueda suponer un riesgo de contagio”.

Ademáis a Xunta de Galicia, de modo especial a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ditou a RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 e a RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, de gran trascendencia para a cidadanía e que supoñen unha alteración das actividades diarias dos veciños e veciñas de Sada na medida en que implican determinadas restricións.

Polo que cómpre insistir na responsabilidade por parte de todos e todas para seguir as recomendacións das autoridades sanitarias e evitar situacións de risco e que polo Concello de Sada se adopten medidas adicionais ao bando do día 14.03.2020 e ao sinalado no correo electrónico remitido aos empregados. Por todo o exposto, no exercicio das competencias que a normativa vixente en materia de réxime local lle confire a esta alcaldía-presidencia en canto á dirección da política, o goberno e a administración municipal, previstas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da administración local de Galicia,

RESOLVO

Primeiro.- Decretar, dende o 16 de marzo de 2020 e durante o tempo que dure o estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, o peche total da atención presencial ao cidadán nas oficinas municipais, que poderá relacionarse coa administración municipal empregando as canles telefónicas e os medios electrónicos que se indican:

ADMINISTRACIÓN:

Teléfono: 981620075 / 981902179

Correo electrónico: www.alcaldía@sada.gal

Web municipal www.sada.gal/es/concello

Sede electrónica www.sede.sada.gal.

ALCALDÍA/CONCELLERÍAS:

-Breogán Blanco (C. Promoción da Saúde, Cohesión social e Voluntariado) tlf. 618628414 breogan.blanco@sada.gal

- María Nogareda (C. Educación e Deportes) Tlf. 605755571 maria.nogareda@sada.gal

- Laura Rodríguez (C.Promoción económica, Turismo e Emprego) Tlf. 637346064 laura.rodriguez@sada.gal

- Isabel Reimundez (C.Benestar social e igualdade) Tlf. 608484881 isabel.reimundez@sada.gal

- Fernando Fariña (C. Obras e Servizos) Tlf. 608411873 fernando.fariña@sada.gal

- Paola Mondaca ( C. Cultura) Tlf. 610186262 paola.mondaca@sada.gal

- Rebeca Mouriño (C. Participación cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías ) Tlf. 605178658 rebeca.mourino@sada.gal

- Pilar Taibo (C. Facenda, Adm. Local, Adm. electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá) Tlf. 676743785 pilar.taibo@sada.gal

- Marisa Rúa (C. Medio Ambiente e Normalización) marisa.rua@sada.gal

Para os casos de que non se dispuxese de medios telemáticos e para aqueles supostos de urxencia, o Concello atenderá presencialmente previa petición telefónica, en horario de 9:00 horas a 14:00 horas.

Segundo.- Ordenar que se garanta o mantemento, adoptándose as medidas necesarias, acordes á natureza dos servizos que prestan para garantir as recomendacións e instrucións das autoridades sanitarias, prevendo, de ser necesario o seu reforzo, os que seguidamente se relacionan:

- Policía local.

- Bombeiros, Prevención, Intervención en Emerxencias e Protección Civil.

- SAF.

Terceiro.- Ordenar que se garanta o mantemento, nos termos que se indica, adoptándose as medidas necesarias, acordes á natureza dos servizos que prestan para garantir as recomendacións e instrucións das autoridades sanitarias, dos Servizos que seguidamente se relacionan:

- Secretaría Municipal.

- Saúde laboral e Prevención de Riscos laborais.

- Intervención Municipal.

- Tesourería (pagamento proveedores).

- Disciplina Urbanística, en canto a declaracións de ameaza de ruína inminente ou ordes de execución de conservación da edificación que resulten inaprazables.

- Xestión sostible de residuos urbanos e limpeza do espazo público.

- Cemiterios e servizos funerarios.

- Comercio e Abastecemento, en canto á garantía de apertura do mercado municipal. 

- Servizo de Tecnoloxía da Información e Comunicación, en canto ao funcionamento das redes e infraestruturas tecnolóxicas.

- Arquitectura e Servizos Centrais Técnicos.

- Sanidade.

- Mobilidade Sostible, en canto a garantir o control do tráfico.

- Coordinación da Vía Pública e Mantemento de Infraestruturas.

- Ciclo Integral da Agua.

- Xardinería Sostible, en canto a garantir a limpeza de espazos axardinados así como a seguridade para as persoas no relativo ao estado do arbolado.

- Benestar social e Integración, en canto a colectivos especialmente vulnerables.

- Cooperación ao desenrolo e migración, en canto a persoas en situación de vulnerabilidade en Sada.

Os ditos servizos municipais non se atopan en servizos mínimos, senón que terán que dimensionarse adecuadamente para atender as necesidades, ordinarias ou extraordinarias, que poidan xurdir.

Cuarto.- Todos os empregados públicos cuxas funcións se realicen dentro de edificios ou instalacións administrativas que permitan o seu desenvolvemento a distancia prestarán o servizo desde o seu domicilio na modalidade de traballo non presencial. Para tales efectos, a Administración facilitará fórmulas de teletraballo ou de traballo a distancia. Exceptúase do disposto no parágrafo anterior o persoal que desempeñe funcións das sinaladas no apartado segundo e que non poida teletraballar, que deberá acudir presencialmente aos seus lugares de traballo cando o desempeño das súas funcións así o exixa e porque así o determinen os concelleiros do seu ámbito ou a Alcaldía.

Quinto.- Todos os empregados públicos que realicen funcións dentro de edificios ou instalacións administrativas que non se poidan desenvolver mediante o traballo non presencial deberán permanecer nos seus domicilios, resultando as súas actividades habituais suspendidas temporalmente. Quedando nalgunha destas situacións:

Situación 1. Servizos diretamente afectados por incidir as súas competencias nas actividades do Anexo do Real Decreto 463/2020. O persoal destes servizos queda dispensado de asistencia física ao traballo, non obstante a través das respectivas xefaturas de servizo, informaraselles de si a súa presenza fose requirida para garantir a prestación dos servizos establecidos no apartado SEGUNDO desta resolución ou de se é preciso realizar algunha actuación puntual ou se implementa un sistema de teletraballo específico con tarefas adaptadas á situación de alarma.

Os servizos nesta situación son os seguintes:

- Cultura Festiva.

- Patrimonio Histórico-Artístico.

- Acción Cultural.

- Recursos Culturais.

- Educación.

- Deportes.

- Xuventude.

- Envellecemento Activo.

- Descentralización e Participación Cidadá.

- Ocupación de Dominio Público Municipal.

Situación 2. Resto de servizos municipais. O resto dos servizos municipais, entendendo por tales os que non se atopen relacionados na situación 1 nin no apartado segundo e terceiro desta resolución, e o seu persoal deberán acudir ao seu posto de traballo atendendo ás seguintes circunstancias: Por parte do concelleiro delegado, en coordinación coas súas respectivas xefaturas de servizo, deberanse organizar quendas de traballo que deberán garantir que exista unha distancia entre os traballadores de un metro e medio e que como máximo asista o 50% da plantilla ordinaria do servizo. Os referidos quendas realizaranse en días alternos.

O persoal que en aplicación desta medida permaneza no seu domicilio considerarase como tempo de traballo efectivo. Os servizos a que se refire la situación 2 manteranse na mesma en tanto non se modifique a presente resolución ou se estableza un sistema de teletraballo adecuado ao caso.

Sexto.- Ao haberse acordado cos distintos grupos políticos, suspendese a celebración das sesións ordinarias e extraordinarias previstas dos órganos colexiados de Pleno e de Xunta de Goberno Local, salvo que sexan convocados con carácter extraordinario e urxente en relación a actuacións e acordos relacionados coa situación de crise sanitaria e estado de alarma, realizándose nese caso preferentemente por videoconferencia, para o cal realizaranse na medida do posible as actuacións técnicas por parte desta alcaldía para que se poda dar tal posibilidade.

As resolucións de trámite competencia da Xunta de Goberno e que poidan seguir adoptándose, como consecuencia do funcionamento dos servizos municipais referidos anteriormente serán resoltas por advocación de competencias de alcaldía, co obxecto de dar cumprimento as indicacións sanitarias, ata que non estea adoptado un sistema de videoconferencia.

Sétimo.- Transmitir á cidadanía a necesidade de seguir en todo momento as instrucións e recomendacións das autoridades sanitarias, así mesmo procede recordar que se adoptaron todas as medidas pertinentes para o funcionamento dos servizos públicos esenciais dos que debe realizarse un uso razoable, quedando garantido, en todo caso, o seu funcionamento.

Arquivado en