RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS 2022

03 / ENE / 2022

RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS 2022

Por mor da situación sanitaria actual e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia, o Concello organiza unha recepción alternativa en lugar da habitual cabalgata.

As nenas e nenos de Sada que o desexen poderán achegarse ás Súas Maxestades de Oriente na Casa da Cultura entre as 17:00 e as 20:00h, para entregarlles as súas cartas, facerse unha foto con elas e compartir os momentos previos á máxica noite de Reis. 

O auditorio da Casa da Cultura será o lugar onde Melchor, Gaspar e Baltasar agardarán ás nenas e nenos de Sada. O acceso será mediante un sistema de circuíto de fila no que se garantirá o cumprimento das recomendacións de prevención sanitaria, con máscara e mantendo a distancia entre diferentes grupos de convivencia. 

As nenas e nenos deberán acceder acompañados dunha persoa adulta e poderán subir ao escenario para tomar unha fotografía cos Reis Magos. Pero dadas as especiais circunstancias, a visita deberá realizarse de forma áxil para permitir o acceso do maior número de persoas. 

Durante a recepción, nos arredores da Casa da Cultura teremos unha zona de “auto-foto” coas carrozas reais e organizaranse obradoiros lúdicos, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

 

Arquivado en