Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no 2020

14 / ABR / 2020

Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no 2020

Por medio do programa FOPPSS/2020 a Deputación Provincial da Coruña ven de aprobar a concesión de subvencións do Programa de Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais 2020 (FOPPSS/2020)

Sada, 14 abril 2020.

De acordo coas Bases reguladoras do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2020, aprobadas por resolución de presidencia, núm. 1427 de 17 de xaneiro de 2020, que foron publicadas no BOP núm. 13, 21 de xaneiro de 2020, e logo de ver os informes da Sección de Servizos Sociais e da Intervención, a Deputación aprobou a concesión de subvencións do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no 2020 por un importe total de 6.865.445,43 euros, dos que 167.029,32 euros corrresponden ao Concello de Sada para contratación de persoal.

Arquivado en