O Samaín de Sada

26 / OUT / 2023

O Samaín de Sada

Xincana de Samaín-Truco ou Trato, Bosque do Terror no Curruncho, actividades nas parroquias, teatro infantil, cinema de terror ou a segunda edición do concerto Mortos na Vila II: Unha noite de Punk-Rock, entre as actividades programadas polas concellerías de Cultura, de Xuventude e de Turismo e Promoción Económica.

As concellerías de Cultura, de Xuventude e de Turismo e Promoción Económica organizan as actividades do Samaín  Sada 2023. O programa de actividades comeza con dous eventos programados pola concellería de Cultura. Mañá venres 27 de outubro terá lugar a representación teatral infantil: “Quen ten cu ten medo” no auditorio da Casa da Cultura. A cita é ás 18:30 con entrada libre ata completar aforo. O sábado 28, tamén no auditorio da Casa da Cultura ás 20:00 horas, proxectarase a película “O Corpo Aberto”, recomendada para maiores de 12anos. A entrada será gratuita e libre.

O martes 31 de outubro, víspera de festivo, concéntranse as actividades máis demandadas. A concellería de Promoción Económica, Turismo e Participación Cidadá, programa dúas actividades: unha xincana polos comercios de Sada e un concurso de escaparates coa temática propia do día de Difuntos ou Samaían.

Poderán participar na Xincana-Truco ou Trato todas aquelas persoas que acudan a Capela de San Roque en horario de 16.00 a 18.00 horas do 31 de outubro. Haberá tres modalidades segundo idades e entre os/as participantes cos cartóns debidamente cumplimentado sortearanse tres vales para gastar no comercio local no Nadal de 60€ cada un.

Por outro lado a concellería repartirá tres premios en metálico entre as mellores decoracións d escaparates do comercio local onde valorarase positivamente a inclusión de elementos decorativos vinculados á recuperación do Samaín orixinal. O xurado estará formado por tres representantes do Concello e haberá Primeiro premio: 150€; Segundo premio: 100€ e Terceiro premio: 50€.

Pola súa banda a concellería de Deporte, Educación e Xuventude programa ese mesmo día ás 20:00 no Pavillón Polideportivo (cambio de ubicación por mor do tempo)  o Bosque do Terror, recomendado a partir de 12 anos. Trátase dunha actividade enfocada á mocidade con diferentes temáticas como monstruos e pantasmas, nun entorno de bosque ambientado na zona arbolada do Curruncho, seguro e adecuado para eles.

Finalmente a concellería de Cultura programa ás 21:00 na Capela de San Roque a segunda edición do concerto Mortos na Vila II: Unha noite de Punk-Rock onde grupos locais alternarán con outras expresións artísticas nun evento con entrada libre.

 

SAMAÍN NAS PARROQUIAS

Desde a concellería de Turismo tamén se colabora co Samaín nas parroquias que terán lugar en Meirás e Mondego o sábado 28 de outubro de 17:00 a 20:00 horas e en Veigue o sábado 4 de novembro de 16:30 a 19:30 horas.

Pola súa banda a Comision de Festas do Castro programa o 4 de novembro o seu Samaín. De 17:00 a 20:00 a rapazada pasará polas casas do Castro, decoradas cunha cabaza na porta, recollendo chuches. Ás 20:00 dará comezo o Tunel do Terror, una pasadizo de 32 metros terroríficos, ubicado entre estrada xeral e a estrada que vai a Lubre. E a continuación no local das pistas do Castro haberá bochinche con chocolate con churros, hamburguesas e outras especialidades.

Arquivado en