MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL MÚSICA 2022-2023

27 / XUL / 2022

MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL MÚSICA 2022-2023

A Concellería de Cultura quere informar ás familias da necesidade de ler con atención a información xeral que se adxunta a continuación debido ás importantes novidades que se van a producir a partires do curso 2022-2023.

INFORMACION XERAL. CURSO 2022-2023

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO EMM CURSO 2022-2023

O Concello de Sada aprobará en breve en sesión plenaria o novo Regulamento de organización e participación da Escola Municipal de Música que poderá e deberá ser consultado polas familias nesta web municipal 

O prazo de solicitude de matriculación do alumnado deixará de ser no mes de xuño pasando a ser no mes de xullo.

O pagamento da matrícula terá importantes cambios que se indican a continuación.

 

ALUMNADO DE NOVO INGRESO

IMPRESO DE NOVO ALUMNADO  MATRICULA EMM 22-23

OFERTA DE PRAZAS DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO. CURSO 2022-2023

Do 18 ao 22 de xullo (inclusive). SOLICITUDE DE PRAZA

Do 1 ao 5 de agosto (inclusive). FORMALIZACION MATRÍCULA e PAGAMENTO

O alumnado de novo ingreso deberá agardar á publicación da listaxe de admitidos e de agarda. De obter praza, o pagamento será de igual forma que o alumnado de renovación. A non formalización da matrícula no prazo establecido, entenderase coma renuncia da praza, cubríndose ésta por riguroso orde da listaxe de agarda.

Os/as solicitantes que non obteñan praza, permaneceran en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan producir durante os tres primeiros meses do curso lectivo.

Por razóns didácticas, non se admitirá novo alumnado dende o 1 de Xaneiro do 2023

Os/as solicitantes que non obteñan praza nas suas especialidades instrumentais preferentes, poderán adxudicarselles prazas vacantes doutros instrumentos (mediante sorteo) ou poderán permanecer en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan producir durante os tres primeiros meses do curso lectivo.

O impreso de solicitude do alumnado de Novo Ingreso estará a disposición das familias na web municipal a partires do 18 de xullo e logo de curbirlo deberase seguir estes pasos:

1º Presentar este impreso debidamente cuberto e asinado polo titular da conta e pola entidade bancaria no Rexistro electrónico do concello de Sada:  (solicitude xeral) ou ben de forma presencial (horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 h.). En caso de familias numerosas de categoría xeral ou especial, presentar o título que o acredite.

2º Agardar á publicación da listaxe do alumnado admitido e de agarda que será publicada na web municipal unha vez rematen os prazos establecidos como se indican no modelo de “INFORMACION XERAL”

3º No caso de obter praza, realizar o pago da matrícula mediante carta de pagamento que se poderá tramitar na Oficina Virtual Tributaria do concello: ou ben se facilitará nas dependencias de recadacion do concello. 

 

ALUMNADO RENOVACION DE MATRICULA

IMPRESO DE RENOVACION  MATRICULA EMM 22-23

Do 1 ao 8 de xullo (inclusive). RENOVACION MATRÍCULA e PAGAMENTO.

Prezo matrícula anual - 30€.

Prezo matrícula anual Familia Numerosa Categoría Xeral: 20€

Prezo matrícula anual Familia Numerosa Categoría Especial: 15€

O alumnado que realice a renovación da matrícula no prazo establecido, deberá realizar o pago mediante CARTA DE PAGAMENTO. Esta poderase tramitar das seguintes maneiras:

  1. Na oficina virtual tributaria do Concello de Sada (Dentro de Autoliquidar e pagar taxas insertar DNI da persoa titular da conta bancaria que se indicou no impreso, seguidamente elexir ACTIVIDADES MUSICAIS  e tarifa. Unha vez xerada a carta de pago poderas descargala para aboar a matrícula nunha entidade bancaria ou realizar o pago en liña)
  2. Nas dependencias de recadación do concello onde se facilitará CARTA DE PAGAMENTO

O alumnado que non formalice a renovación de matrícula dentro do prazo establecido, causará baixa automáticamente para o curso 2022-2023.

Non se permite a RENOVACIÓN da matrícula do alumnado que teña recibos pendentes de pago de cursos anteriores. En caso de dúbida, habilítase o seguinte correo electrónico para as familias para a consulta de recibos pendentes de pago: recadacion@sada.gal

O alumnado que pertenza á Banda Municipal ou ao Coro Municipal de adultos deberá cubrir necesariamente o impreso de matrícula, indicando na casilla correspondente a que formación pertence.

O impreso de Renovación de matrícula estará a disposición das familias na web municipal a partires do 1 de xullo.

 

COMÚN PARA TODO O ALUMNADO 

Os impresos de renovación da matrícula como os de novo ingreso poderán descargarse dende á páxina web do concello www.sada.gal, solicitalos na Casa da Cultura ou no Rexistro Municipal (de luns a venres en horario de 9 a 14 h).

Habilítase o seguinte correo electrónico para as familias para aclaración de dúbidas en canto ao novo pagamento na Oficina Virtual Tributaria do concello de Sada.: recadacion@sada.gal

Arquivado en