II FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS DE SADA

07 / OUT / 2016

II FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS DE SADA

Os próximos 11, 12 e 13 de novembro celebrarase en Sada a II FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS DE SADA onde poderán participar todas aquelas persoas que realicen a solicitude en tempo e forma.

Bases de participación II FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS DE SADA 

Anexo I. Modelo de inscrición na II FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS DE SADA 

Dentro dos criterios de adxudicación dos postos atenderase principalmente a calidade do produto, ás asociacións, ás/aos artesáns, a procedencia xeográfica e a orixinalidade do produto.

O prazo para presentar as solicitudes será do 10 ata o 22 de outubro. As solicitudes deberán enviarse ao mail oficiosartesansada@gmail.com co modelo de inscrición debidamente cumprimentado (Anexo I). Toda solicitude deberá ir acompañada dunha fotografía do produto e o do posto.

A organización resolverá as solicitudes e notificará a concesión de posto antes do 3 de novembro.

Unha vez notificada a súa participación os participantes deberan facelo ingreso da taxa no prazo de tres días hábiles seguintes ao recibo da notificación. A taxa polos tres días do evento é de oitenta euros (80€).

A concellería de Promoción Económica facilitará puntos de luz na Feira, diversos contenedores de lixo no recinto e obradoiros,concertos e actividades varias.

 

 

 

 

 

 

Arquivado en