SADA SOLICITA AMPLIAR O SERVIZO DE BUS AO CENTRO DE SAÚDE

04/06/2021

SADA SOLICITA AMPLIAR O SERVIZO DE BUS AO CENTRO DE SAÚDE

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada solicita ampliar o servizo de bus ao centro de saúde e a restitución da anunciada liña que chega aos Campus Urniversitarios.


Sada, 4 xuño 2021.

Actualmente o núcleo de Sada conta cunha conexión co centro de Saúde através da liña B6 que sae da parada do Concello ás 8h de luns a venres.

Desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego solicitouse unha ampliación do horario máis acorde á demanda da veciñanza que teña que acudir ao centro médico. Así mesmo, reiterouse na necesidade de outros servizos como a restitución da anunciada liña que chegaba aos Campus Universitarios da Coruña, a mellora na articulación do transporte nas parroquias e o establecemento de liñas que cubran o corredor oeste do noso termo municipal que carece de alternativas ao vehículo privado en canto á mobilidade.

 


Arquivado en:
Novas. Sada. Soñeiro. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Emprego. Mobilidade. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA