Sada organiza un curso gratuito de manipulación de alimentos

19 / FEB / 2019

Sada organiza un curso gratuito de manipulación de alimentos

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), organiza un curso de manipulación de alimentos frescos, integramente subvencionado polo Concello.

O curso é de interese para todas aquelas persoas que están en contacto co sector pesqueiro, comedores infantís, coa hostalaría e a alimentación en xeral.

Formulario de inscrición en liña

Sada 19 febreiro 2019.

O obxectivo que se pretende acadar o Curso de manipulación de Alimentos Frescos é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria, segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010) que está vixente na actualidade, para concienciar dos perigos potenciais que conleva a contaminación dos alimentos, coñecer as causas que provocan intoxicacións alimentarias, saber aplicar as medidas preventivas necesarias para evitar a contaminación dos alimentos, realizar unha limpeza e desinfección correcta dos utensilios e das instalación e levar a cabo un aseo e unha hixiene persoal correcta.

O curso servirá para acadar  os coñecementos básicos do Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) e das Guías de Prácticas correctas de Hixiene (GPCH) a aplicar na área específica de traballo e para cumprir e coñecer a lexislación sanitaria vixente referente aos manipuladores de alimentos.

Custo: GRATUITO, está integramente subvencionado polo Concello

Data e hora do curso : venres 1 de marzo de 2019 de 09:30 a 13:30 horas

Lugar: Praza da Pescadería, s/n (Sala de conferencias do local da OMIX,)

Prazas: 25 persoas. Terán preferencia as persoas empadroadas en Sada

Prazo ata o mércores 27 de febreiro ás 12:00 h.

Para inscribirte ao curso deberase cumprimentar o formulario de inscrición

Para máis información pode chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 620.765.150

Arquivado en