Sada organiza as xornadas de fomento do emprendemento "A forza do Local"

18 / ABR / 2016

Sada organiza as xornadas de fomento do emprendemento "A forza do Local"

-As xornadas, que terán lugar na Casa da Cultura de Sada o xoves e venres, están organizadas pola concellería de Urbanismo e Emprego e Afiprodel co obxectivo de dar a coñecer boas prácticas de desenvolvemento local e novos modelos de emprendemento que se están a desenvolver en Galicia.

- Segundo o concelleiro Francisco Montouto “A forza do local resume a finalidade deste evento que é a de visibilizar as boas prácticas que dende os territorios galegos están a desenvolverse coa participación dos profesionais de desenvolvemento local.”

- O alcalde de Sada, Benito Portela, inaugurará as xornadas o xoves 21 de abril as 9:30 horas, xunto co concelleiro de Urbanismo e Emprego e Mª Dolores Pena Pena, Presidenta de Afiprodel. Ese mesmo día inaugurase a exposición “A Forza do local” , a cal consta de 14 paneis e poderase contemplar na Casa da Cultura de Sada.

- Folleto Xornadas

- Para ver o programa e realizar a súa inscrición pode facelo a través do seguinte enlace: http://afiprodel.org/aedlsada/

Sada 18 abril 2016

A Concellería de Urbanismo e Emprego, xestionada por Francisco Montouto, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local organiza, ás Xornadas de Desenvolvemento Local “A Forza do Local” que se levarán a cabo os días 21 e 22 de abril de 2016, no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns de 9:30 a 13:30 horas.

Estas xornadas prográmanse para o fomento do emprendemento, no marco da exposición a Forza do Local que se vai a celebrar en Sada do 21 de abril ao 1 de maio, e están dirixidas ao público en xeral especialmente ás persoas emprendedoras e aos distintos axentes sociais e persoal técnico co obxectivo de dar a coñecer boas prácticas de desenvolvemento local e novos modelos de emprendemento que se están a desenvolver en Galicia.

O espazo local é o que está máis preparado para enfrontar os desafíos que lle impón a globalización, porque están en maior contacto coa cidadanía. Segundo o concelleiro Montouto “A forza do local resume a finalidade deste evento que é a de visibilizar as boas prácticas que dende os territorios galegos están a desenvolverse coa participación dos profesionais de desenvolvemento local.” “Coma se dí no propio folleto, indica o concelleiro, o espazo local é o que está máis preparado para enfrontar os desafíos que lle impón a globalización, porque están en maior contacto coa cidadanía”

O alcalde de Sada, Benito Portela, inaugurará as xornadas o xoves 21 de abril, xunto co concelleiro de Urbanismo e Emprego e Mª Dolores Pena Pena, Presidenta de Afiprodel, organizadores das xornadas. Ese mesmo día inaugurase a exposición “A Forza do local” , a cal consta de 14 paneis e poderase contemplar na Casa da Cultura de Sada. Dentro das intervencións Sofía Agrafojo Rey, Vicesecretaria de Afiprodel; Mª José Espín Fontal, AEDL Triacastela; e o promotor José Ventoso Iglesias, disertarán sobre a importancia de poñer en valor os recursos .

O venres 22 abril terá lugar á mesa redonda de entidades que traballan en prol do emprendemento onde se indicarán os novos modelos, casos, pautas ou novas iniciativas e onde estarán presentes Juan José Lirón Lago, Subdirector Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia; Noela Burés Grandío, Vicepresidenta de AJE Provincia da Coruña; Rafael Granados Guillén, Secretario Xeral de ATA Galicia e Rafael Vázquez Cobas, Economista da Fundación Ronsel.

Antes da pausa da mañá Mª Cristina Couto Palla, Técnica de Asuntos Europeos de Europe Direct A Coruña, e Belén Fernández Rebolleda, responsable da zona norte de IGAPE, ofrecerán a súa visión de cómo emprender con Europa, novos coñecementos, novas relacións e novas oportunidades.

Logo da pausa tocaralle o turno a persoas emprendedoras coma Alberto Vázquez Garea, Xerente de Tuvento Ingeniería Minieólica, S.L.; Adrian Brañas Castro, Cofundador Ensi Labs; e Xosé Fernando Fariña Andrade, Xerente de Bandua Beer, que falarán dos súas iniciativas emprendedoras. Ademáis haberá charlas sobre Cooperativismo e Participación cidadá a cargo de Ignacio Fernández López, AEDL San Sadurniño; Constantino Gago Conde, Técnico de Ugacota e Inés Carreira Fernández, socia fundadora de Simbiosis, S.Coop. Galega.

Finalmente, Covadonga Toca Tarús, Secretaria Xeral de Emprego da Consellería de Economia, Emprego e Industria da Xunta de Galicia falará da Axenda de Emprego.

Arquivado en