Sada convoca o concurso Escaparates de Medo

14/10/2020

Sada convoca o concurso Escaparates de Medo

O Concello de Sada convoca a I edición do Escaparates de Medo, un concurso dirixido ao sector comercial, co fin de incentivar a decoración e a animación das rúas de Sada convidando á veciñanza a achegarse ata os establecementos.

BASES PARTICIPACIÓN ESCAPARATES DE MEDO

FOLLA DE INSCRICIÓN


PARTICIPANTES

• Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciales do municipio de Sada, calquera que sexa a a actividade (establecementos de hostalaría, comercio, perruquerías, etc) que desenvolvan e que teñan escaparate con vistas ao exterior desde á rúa.

PARTICIPACIÓN

• Prazo de inscripción, desde o 15 ao 23 de outubro. • Os establecementos interesados en participar poderán incribirse cumplimentando o ANEXO I e presentandoo en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 telemática ou presencialmente.

• A inscripción é gratuíta.

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

• Os escaparates deben estar finalizados o xoves 29 de outubro. A participación é por local, con independencia do número de escaparates dos que dispoña.

• Os responsables de cada local deberán enviar unha fotografía a turismo@sada.gal co seu escaparate unha vez decorado para a súa promoción en redes.

• O Samaín en Galiza ten unha significación propia. Por iso valorarase positivamente a inclusión de elementos decorativos vinculados á recuperación do Samaín orixinal como poden ser as castañas, caveiras, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, camposantos, Santa Compaña, cabazas, arañas, morcegos ou outros animas nocturnos.

BENEFICIOS POR PARTICIPAR

• As empresas participantes contarán coa promoción gratuíta nos diferentes medios de comunicación utilizados para difundir o evento do Samaín así como nas redes sociais municipais.

• Fomentarase que a veciñanza tire e comparta fotos fronte aos escaparates decorados a través de premios por sorteo directo. • O Concello suministrará cartelería, elementos decorativos e "rasca e ganas" con agasallos a entregar nos comercios.

• O evento contará con accións de animación de rúa en forma de pasarúas, decoración e ambientalización musical.

ESCOLLA LOCAL GAÑADOR

O primeiro premio xerá outorgado polo xurado formado por tres representantes do Concello. Na súa valoración terase en conta:

• Adecuación á temática do Samaín.

• Orixinalidade e innovación nos contidos e formatos.

• Aproveitamento de recursos propios.

• Repercusión nas Redes Sociais.

PREMIOS

Primeiro premio: Diploma acreditativo, publicidade nas redes municipais e 100€ para material de escaparatismo.

Segundo premio: Diploma acreditativo e publicidade nas redes municipais.

Entre as personas que partillen e interactuen coas fotos no Facebook e Instagram co cancelo #SamainSada2020 sortearanse premios directos.

OUTRAS DISPOSICIÓNS

A participación implica a aceptación destas bases, así como a resolución das mesmas. Todos os aspectos non recollidos nestas bases serán resoltos pola Organización


Arquivado en:
Novas. Avisos. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Turismo. Subvencións e axudas. Emprego. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA