Sada aproba actuacións en Plans Provinciais por valor de 1 millón de euros

21 / DEC / 2017

Sada aproba actuacións en Plans Provinciais por valor de 1 millón de euros

-A corporación celebrou no día de onte un pleno extraordinario onde aprobou as obras que o Concello de Sada presentará á Deputación Provincial dentro do Plan de Obras e Servizos (POS+) e o Plan Complementario, ambos do 2018.

Sada, 20 de decembro 2018

Na tarde de onte a corporación sadense aprobou nun pleno extraordinario a proposta para incluir oito actuacións e obras, en todo o termo municipal, que suman algo máis de 1 millón de euros (856.738,81€ correspondentes ao POS+ 2018 e 232.261,85€ ao Plan Complementario 2018).

As actuacións que se inclúen na proposta establecen dentro da achega provincial 2018 o acondicionamento da xardineira e pavimentación no Paseo Marítimo e da Avenida do Porto (217.208,92€). No que corresponde a achega 2017, investimentos financieramente sostibles, se atopan a mellora da seguridade en instalación de iluminación pública no termo municipal (112.037,16€), a mellora da accesibilidade a Fontán e reparación da escaleira da Avenida do Porto (64.642,39€) e a formación de senda peonil e instalación de servizos na AC-163 dende a Escola até a DP7504, ao seu paso por Carnoedo (115.141,17€).

En canto as obras incluídas no préstamo provincial 2018 se pretende realizar a reparación e actualización das instalacións de pozos de bombeo (138.093,54€), a renovación da rede de abastecemento na avenida Barrié de la Maza, Praza de España e Igrexa Nova (53.215,42€) e tamén realizar obras de ampliación e acondicionamento da zona de xogos do CEIP Pedro Barrié da Maza (70.000,00€).

Finalmente dentro do Plan Complementario aprobouse a rehabilitación do sistema viario do polígono industrial de Coiro en Soñeiro (232.261,85€). En total o Concello de Sada investirá en todo o termo municipal 1.089.000€ sumando obras  e financiamento.

Máis información

Arquivado en