Sada anuncia un plan de apoio a autónomos e pemes

16 / ABR / 2020

Sada anuncia un plan de apoio a autónomos e pemes

-Entre as medidas da concellería de Facenda destacan o aprazamento, fraccionamento ou condonación dos impostos, recibos e taxas municipais, o estudo das demandas para flexibilizar o pagamento de alugueiros e concesións municipais e a posibilidade de elaborar axudas económicas directas encamiñadas ao mantemento de postos de traballo na vila.

-Desde Promoción Económica anunciase a posta en marcha dun plan de reactivación económica para a dinamización do comercio e da hostelería local que inclue a creación dunha plataforma de venta online para establecementos de Sada e tamén se valoran medidas concretas como bonos para incentivar o consumo nos sectores locais máis castigados polos efectos da pandemia.

Sada, 15 abril 2020.

O Concello de Sada, a través das Concellerías de Promoción Económica, Turismo e Emprego e de Facenda, informan que xa se está a traballar na posta en marcha dun paquete de medidas de apoio para autónomos e pequenas pemes consensuado co tecido asociativo empresarial sadense.

Entre as primeiras medidas da concellería de Facenda está o plan de aprazamento, fraccionamento ou condonación dos impostos, recibos e taxas municipais que serán en función das situacións concretas de cada persoa ou empresa e o estudo das demandas para flexibilizar o pagamento de alugueiros e concesións municipais aos diferentes axentes así como a posibilidade de elaborar axudas económicas directas encamiñadas ao mantemento de postos de traballo na vila.

Desde la Concellería de Promoción Económica e Turismo, anuncia tamén, a posta en marcha dun plan de reactivación económica para a dinamización do comercio e da hostelería local que inclue a creación dunha plataforma de venta online para establecementos de Sada entroncando con propostas de afianzamento do comercio de proximidade a posteriori como VOLTAREMOS, unha iniciativa solidaria, que conta coa colaboración do Concello de Sada, para realizar compras de productos e servizos para consumilos tras o fín do confinamento.

Tamén se valoran medidas concretas como bonos para incentivar o consumo nos sectores locais máis castigados polos efectos da pandemia do coronavirus. “Queremos que as medidas sexan ferramentas útiles para a recuperación da actividade local apostando polo consumo de proximidade dentro do cambio de paradigma en canto ao comportamiento social individual e colectivo que suporá esta crise”, sinala a concelleira Laura Rodríguez. Nesta liña apostarase pola contratación de personal técnico de turismo para o deseño de novos proxectos e estratexias a largo prazo adaptados á nova situación do sector.

Por outra banda habilitárase un servizo de asesoramento a pemes e autónomos a través da Axencia de Desenvolvemento Local de Sada en relación ás medidas económicas adoptadas polas distintas administracións ante a emerxencia sanitaria.

Asemade, desde o Concello continuarase a suministrar material de protección e desifección para os locais abertos ao público e comprométense a respaldar e trasladar as necesidades do sector ao resto de administracións e organismos pertinentes

Arquivado en