PS formación dunha lista de emprego para posibles contratacións laborais temporais de Psicólogos/as

27 / XUN / 2018

PS formación dunha lista de emprego para posibles contratacións laborais temporais de Psicólogos/as

Actualizado a 27 xuño 2018

Bases da convocatoria de proceso selectivo de formación dunha Lista de Emprego para posibles contratacións laborais temporais de Psicólogos/as

O obxecto destas Bases regular o proceso selectivo para a creación dunha Lista ou bolsa de emprego de candidatos para a contratación laboral temporal de psicólogos/as, ben para realización de servizos determinados ou ben para a cobertura en réxime de interinidade de vacantes temporais de prazas de psicólogo pertencentes ao grupo I do Convenio Colectivo, en ambos casos que se produzan no período de catro anos posterior á aprobación da Lista. 

As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de dez días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Arquivado en