OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

21/12/2020

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

FICHA DE CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE

 

21/12/2020 - ANEXO Á ACTA DA SESIÓN DA COMISIÓN DE SELECCIÓN ENCARGADA DOS PROCESOS DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO: “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL” (EXPTE: 15/0015/2020) RESULTADOS PROVISIONAIS DOS PROCESOS DE SELECCIÓN CORRESPONDENTES ÁS PRAZAS DE PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO

15/12/2020 - Resultados das últimas entrevistas realizadas para a selección de persoal directivo, docente e administrativo de apoio do OE "Reserva de biosfera: emprego forestal"

O obradoiro dual de emprego "RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL” é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, e promovido polo Concello de Abegondo e conveniado cos concellos de Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.

As especialidades que se van impartir son as seguintes:

- “Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas” (AGAR0208) / 10 alumnos/as-traballadores/as.

-“Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” (AGAR0309) / 10 alumnos/as-traballadores/as.

A distribución do alumnado-traballador por concellos é a seguinte:

- Concello de Abegondo: 3 alumnos/as-traballadores/as

- Concello de Bergondo: 3 alumnos/as-traballadores/as

- Concello de Carral: 3 alumnos/as-traballadores/as

- Concello de Sada: 3 alumnos/as-traballadores/as

- Concello de Betanzos: 2 alumnos/as-traballadores/as

- Concello de Coirós: 2 alumnos/as-traballadores/as

- Concello de Oza-Cesuras : 2 alumnos/as-traballadores/as

- Concello de Paderne : 2 alumnos/as-traballadores/as

As actuacións para realizar son as seguintes:

1.- Repoboación e conservación do monte situado no lugar de Casas Grandes, Cerneda (Abegondo)

2.- Mellora e valorización de finca forestal en Candieira, Crendes (Abegondo)

3.- Mantemento e mellora de terreo forestal en Vizoño (Abegondo)

4.- Mantemento e valorización da finca “A Brexa” (Carral)

5.- Mantemento de área forestal no polígono dos Capelos (Carral)

6.- Mantemento e mellora de terreo forestal no polígono de Bergondo

7.- Mantemento de finca forestal en O Monte (Mabegondo)

8.- Conservación e mantemento dun monte e da área recreativa no lugar de Beche, Folgoso (Abegondo)

9.- Produción e tratamento de plantas forestais no invernadoiro situado no lugar de Mero, Limiñón (Abegondo)

10.- Limpeza e acondicionamento dun camiño forestal en Beldoña, Mabegondo (Abegondo)

11.- Tarefas de mantemento e valorización forestal nun predio situado nunha zona verde no polígono dos Capelos

12.- Limpeza e mantemento da área do Marco das Eiras (Carral)

13.- Mantemento e conservación de zonas verdes no entorno da Casa do Concello, da Policía, do edificio de Servizos Sociais e da Casa da Cultura de Bergondo

14.- Limpeza e mantemento da parcela de Fortiñón (Sada)

TODA A INFORMACIÓN ESTÁ DISPOÑIBLE NAS BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR/A E DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO FORESTAL”

Arquivado en:
Novas. Mondego. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Subvencións e Axudas. Emprego. Formación. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA