Obradoiro de pragas e enfermidades das árbores froteiras.

08/04/2019

Obradoiro de pragas e enfermidades das árbores froteiras.

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), organiza un obradoiro de pragas e enfermidades das árbores froteiras.

Formulario de inscrición


A finalidade desta acción formativa é que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para identificar pragas, o seu tratamento e as labores de prevención de enfermidades.

A formación de 7,5 h. de duración estará impartida por Francisco Otero Otero, Enxeñeiro Agrónomo e técnico especializado da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Datas: 7, 8 e 9 de maio de 2019

Horario: de 19:30 h. a 22.00 h.

Lugar: Asociación de Veciños O Candil, LG. Carta, 6 - 15168 Mondego, Sada.

Prazas: 25

Inscricións chamando ao 620 765 150 ou cubrir o seguinte formulario 

Prazo de inscrición: ata o venres 3 de maio ás 12:00 h.

GRATUITO. Plan de Formación Municipal para o Emprego do Concello de Sada (FORME)


Arquivado en:
Novas. Axencia de emprego e desenvolvemento local. Mondego. Avisos. Urbanismo e emprego.

Temas:
Economía. Emprego. Formación. Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.