O INE coloca a Sada ás portas dos dez primeiros concellos de Galicia en renda por habitante

26 / OUT / 2018

O INE coloca a Sada ás portas dos dez primeiros concellos de Galicia en renda por habitante

-Sada ocupa o posto 453, dun total de 8.116 municipios España, e o 11 da comunidade autónoma de Galicia en renda bruta por habitante con 25.695€. Desde o 2014 Sada aumentou dous postos nos concellos de Galicia con maior renda pasando do 13 ao 11 cun aumento do 5,6% e moi preto de Vigo que ocupa o 10 posto da comunidade con 25.871€.

Para o alcalde de Sada, Benito Portela, "os indicadores de renda son un bo síntoma pero ou verdadeiramente importante é como se distribue a renda. Esperemos que sexa como consecuencia do notable aumento do número de cotizantes que tivo Sada". 

Sada 18 outubro 2018

Sada recupera poder adquisitivo nos últimos anos logo dun período 2009-2014 onde a renda dispoñible bruta por habitante do Concello de Sada non deixou de caer sendo o ano 2014 o rexistro máis baixo da última década.

Os datos que fai tres meses publicaba o IGE (Instituto Galego de Estatística) indican que desde o ano 2015 as familias de Sada teñen un maior poder adquisitivo ao elevarse o dato de renda con respecto ao ano anterior. Estes datos poténcianse cos resultados publicados onte polo INE que eleva a 21.091? a renda dispoñible e 25.695? a renda bruta no exercicio 2016.

Para o alcalde de Sada, Benito Portela, "os indicadores de renda son un bo síntoma pero ou verdadeiramente importante é como se distribue a renda. Esperemos que sexa como consecuencia do notable aumento do número de cotizantes que tivo Sada nos últimos tres anos". 

Segundo o INE, Sada ocupa o posto 453, dun total de 8.116 municipios España, e o 11 da comunidade autónoma de Galicia en renda bruta por habitante con 25.695€. Desde o 2014 Sada aumentou dous postos nos concellos de Galicia con maior renda pasando do 13 ao 11 cun aumento do 5,6% e moi preto de Vigo que ocupa o 10 posto da comunidade con 25.871€. Ademáis Sada ocupa o 5º posto de municipios de Galicia na súa categoría que lle corresponde por habitantes (10.000-40.000) por detrás dos concellos de Oleiros, As Pontes, Nigrán e Teo.

Estes datos frean unhas perdas contínuas de poder adquisitivo dos habitantes de Sada desde o ano 2010 que se acentuaron até o ano 2014. Segundo o IGE a diferenza de renda 2007-2015 foi de -651€ e iso contando que o ano 2015 foi o primeiro da recuperación logrando aumentar a renda con respecto aos anos anteriores. A mellora no 2016 na renda aumentou tamén a diferenza entre afiliados e pensionistas sendo de 2.053 a favor dos afiliados.

Outro dos datos que achega o Instituto Galego de Estatística é álzao dun 3% de traballadores en Sada no último ano, que ascende a un 10% no período 2015-2018. Dato tamén moi positivo logo das caídas constantes de emprego no municipio na última década.

Precisamente a enquisa correspondente a xuño de 2018, establece un total de 5.572 (2.903 homes e 2.669 mulleres) afiliados á Seguridade Social no municipio de Sada. A evolución deste dato desde abril de 2011 e significativa. Nesa data Sada contaba con 5.350 afiliados. Pese a que o municipio seguiu aumentando habitantes (de 14.922 en 2011 pasouse a 15.150 en 2015) o número de afiliados á Seguridade Social foi reducíndose anualmente no período 2011-2015 até chegar a 4.996 en xuño de 2015 e como consecuencia a renda dispoñible bruta por habitante rexistrou o peor resultado da última década no ano 2014.

Desde xuño de 2015 Sada vai recuperando ese dato e os afiliados á Seguridade Social creceron cada ano no municipio. En xuño 2016 contabilizábanse 5.194 afiliados, en xuño 2017 un total de 5.342 e finalmente en xuño de 2018 estableceuse o mellor dato de afiliados en Sada desde o 2011 contabilizando un total de 5.572.

Arquivado en