O goberno local licita cinco actuacións de contratos menores para realizar obras nas parroquias de Osedo, Meirás, Veigue e Carnoedo

18 / OUT / 2016

O goberno local licita cinco actuacións de contratos menores para realizar obras nas parroquias de Osedo, Meirás, Veigue e Carnoedo

-As obras de contratos menores adóitanse adxudicar solicitando orzamentos a varias empresas e otorgando a actuación ás ofertas máis vantaxosas. Desde o goberno local que preside Benito Portela cambiouse esta maneira de licitación por unha máis aberta ás empresas, dándolle unha maior publicidade, o que supón unha maior transparencia nas contratacións públicas.

Sada 18 outubro.

O goberno local incluiu nesta páxina web municipal a sección Licitacións onde ademáis de poder acceder ao perfil do contratante, que xa estaba activo, pódese acceder tamén agora ás licitacións de contratos menores. Até o momento o portal de trasparencia incluía as licitacións de contratos menores xa otorgadas pero Portela sinala que con esta medida “auméntase o nivel de transparencia do Concello de Sada que ven realizando actuacións nese sentido desde o principio do mandato”,  recorda ademáis o alcalde que “ata hai pouco máis dun ano non había nin portal de trasparencia en Sada”.

As obras que o concello saca a licitación corresponden á pavimentación do camiño de Soutilo en Veigue, o pavimentado dos viais que discorren por diante da explanada do Pazo de Meirás e reparación das zonas anexas, a pavimentación do camiño do Galo no Seixo en Carnoedo, a acometida de pluviais na zona de Piñeiro en Meirás, o acondicionamento de camiños entre Castelo e o centro de Aspace e finalmente a pavimentación do camiño de Vista Alegre en Osedo. O importe total da inversión municipal nas distintas parroquias ascende a 110.456,20€

Toda a documentación, a maiores da que reflexa a web municipal, para a presentación de ofertas pode solicitarse no edificio administrativo do Concello de Sada ou a través do correo electrónico contratación@sada.gal . A data límite de presentación de ofertas remata o 24 de outubro e xunto coa mesma haberá que presentar unha declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias (AEAT e Facenda da Xunta) e na Seguridade Social.

Arquivado en